Ailurops ursinus
Ailurops ursinus é unha especie de mamífero marsupial australidelfo da orde dos diprotodontes, suborde dos falanxeroideos, familia dos falanxéridos e subfamilia dos ailuropinos.[2][3] unha das dúas que integran o xénero Ailurops, o único da subfamilia.[4][5]
Ailurops ursinus Cuscús ursino común | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ailurops ursinus | |||||||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||
Ailurops ursinus Temminck, 1824 | |||||||||||||||||||||||||||||
Área de dispersión de Ailurops ursinus
|
Características
editarDimensións
editarAilurops ursinus ten unha lonxitude de cabeza e tronco duns 56 cm, unha cola, prénsil, duns 54 cm de lonxitude e un peso de até os 7 kg.[6]
Aparencia
editarPresenta un fociño curto e pequenas orellas peludas.
A capa está formada por unha pelaxe suave e laúda cuberta por pelos longos e grosos que a protexen, e pode ser de cor negra, gris ou parda, con tonalidades máis claras no abdome e nas extremidades. A coloración pode variar segundo a distribución xeográfica e a idade do animal.
A cola, prénsil e carente de pelo na súa poción distal, é case tan longa como o resto do corpo, e o animal utilízaa, xunto coas patas dianteiras (con dous dedos opoñíbeis) e a sindactilia dos pés das traseiras, para desprazarse polas árbores.
Xunto co seu parente, o cuscús ursino das Talaud (A. melanotis), é o máis primitivo representante da familia dos falanxéridos, e presenta características primitivas nos dentes e na forma do cranio.[7]
Distribución e hábitat
editarO cuscís ursino común está presente na illa Célebes, así como nas veciñas illas de Butung e Peleng, nas illas Togian e, quizais, na illa de Muna.
Vive nos bosques tropicais, desde o nivel do mar até máis de 600 m de altura.
Bioloxía
editarComportamento
editarAilurops ursinus adoita vivir en parellas ou en pequenos grupos de tres ou catro individuos.
Estritamente arbóreo, móvese lentamente desprazándose dunha árbore a outra grazas á súa cola prénsil e ao forte agarre coas patas dianteiras. Pasa a maior parte do día en repouso e dedica pouco tempo á nutrición e ao aseo do pelo.
Crese que ten un comportamento diúrno e nocturno, alternando períodos de actividade con períodos de descanso.
Nutrición
editarA súa alimentación baséase principalmente no consumo de follas, pero tamén pode comer, en menor medida, froitos inmaturos, flores e brotes.
Reprodución
editarAs femias paren unha ou dúas crías unha ou dúas veces ao ano. As crías pasan os seus oito primeiros meses de vida dentro do marsupio da nai, e ao saíren del seguen coa súa nai durante un curto tempo. Descoñécese a idade á que alcanzan a madurez sexual.
Taxonomía
editarDescrición
editarA especie foi descrita en 1824 polo naturalista neerlandés Coenraad Jacob Temminck, en Monographies de mammalogie. 1: 10.[2] obra en varios volumes editada por Dufour & d'Ocagne en París e Leiden entre 1827 e 1841. Temminck encadrouna no antigo xénero Phalangista, que describiran en 1795 Étienne Geoffroy Saint-Hilaire e Georges Cuvier, e que hoxe está obsoleto,[8] designándoa co nome de Phalangista ursina.
Sinónimos
editarPosteriormente o xénero Phlangista foi reclasificado no xénero Phalanger, que creara en 1780 Storr, pasando a nosa especie a denominarse Phalanger ursinus (Temminck, 1824). Posteriormente foi trasladada ao xénero Ailurops, polo que chegou ao seu nome actual Ailurops ursinus (Temminck, 1824).
Subespecies
editarA día de hoxe recoñécense na especie as catro subespecies seguintes:[2][3]
- Ailurops ursinus ursinus Temminck, 1824, distribuída en Célebes setentrional;
- Ailurops ursinus flavissimus Feiler, 1977, que se encontra en Célebes centrooriental e en Peleng;
- Ailurops ursinus furvus Miller & Hollister, 1922, que vive en Célebes central e meridional, e
- Ailurops ursinus togianus Tate, 1945, recluída nas illas Togian.
Estado de conservación
editarA pesar de ser intensamente cazados pola súa carne, o cuscús ursino común é aínda moi numeroso nalgunhas áreas, pero a diminución da súa poboación producida nos últimos anos fixo que a UICN cualificara a especie como VU (vulnerable). Á parte da caza, a poboación desta especie está ameazada pola destrución do seu hábitat e á captura de exemplares que se usan como animais de compañía.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Salas, L., Dickman, C., Helgen, K. & Flannery, T. (2008): Ailurops ursinus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Ailurops ursinus en MSW.
- ↑ 3,0 3,1 Ailurops ursinus (Temminck, 1824) no ITIS.
- ↑ Ailurops en MSW.
- ↑ Ailurops Wagler, 1830 no ITIS.
- ↑ Novak, Ronald M. (1999).
- ↑ Ailurops ursinus na ADW.
- ↑ Genus Phalangista en The Taxonomicon.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ailurops ursinus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ailurops ursinus |
Bibliografía
editar- Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
- McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Recensión por Frederick S. Szalay no Journal of Vertebrate Paleontology. Vol. 19, Nº 1 (Mar. 15, 1999), pp. 191–195.
- Novak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World, 6th edition. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press.
- Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
- Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editores (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-4.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ailurops ursinus Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- Ailurops ursinus (Temminck, 1824) no ITIS.
- Ailurops ursinus na ADW. Con moi ampla información e bibliografía (en inglés)
- Ailurops ursinus na EOL. Con ampla información e varias imaxes (en inglés)