Phalanger
Phalanger Falanxeros e cuscús | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Phalanger gymnotis | |||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||||||||||
Didelphis orientalis Pallas, 1766 | |||||||||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||||||||
|
Phalanger é un xénero de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos diprotodontes, suborde dos falanxeroideos, que é o tipo da familia dos falanxéridos.[1]
Comprende un total de 13 especies, coñecidas na bibliografía internacional, entre outros, cos nomes de falanxeiros e cuscuses.
Características
editarFalanxeros e cuscús teñen un corpo repoludo cuberto por unha pelaxe grosa e laúda. A súa coloración é moi variábel, e segundo as especies pode ser branca, avermellada ou negra. Teñen un fociño curto, as orellas pequenas, ás veces invisíbeis ocultas pola pelaxe, e unha longa cola prénsil e desprovista de pelo no seu extremo para facilitar a prensión. A lonxitude da cabeza e tronco oscila entre os 32 aos 60 cm, sendo a da cola máis longa. O seu peso oscila entre 1 e 7 kg.
Distribución e hábitat
editarViven nas Molucas, en Nova Guinea, nas illas Salomón e na península de Cabo York, no extremo nororiental de Australia. Habitan en bosques pluviais, con musgos, e en bosques de eucaliptos, en zonas temperadas, secas e alpinas.
Bioloxía
editarComportamento
editarOs falanxéridos son aniamis solitarios, arborícolas, que só moi raramente descenden até o solo. Coa súa cola prénsil e os dous polgares opñíbeis das patas dianteiras, adáptanse perfectamente ao seu hábitat, os bosques tropicais. Pasan o día durmindo en árboles con ocos ou entre as follas, saíndo dos seu agochos pola noite para iren buscar o seu alimento, con movementos lentos e cautelosos.
Nutrición
editarAliméntanse sobre todo de froitos e follas, pero de cando en vez poden comer tamén insectoss e outros pequenos artrópodos e ovos de paxaros.
Reprodución
editarDespois dun breve período de xestación (apenas de dúas semanas) as femias paren dunha a tres crías, pero xeralmente só unha supervive, aínda que a femia está equipada con catro mamilas.
A cría abandona o marsupio despois duns meses. Poden vivir até 11 anos.
Taxonomía
editarDescrición
editarA xénero foi descrito en 1780 polo médico e naturalista alemán Gottlieb Conrad Christian Storr, na páxina 38 da súa obra Prodromus Methodi Mammalium. Litteris, Reissianis, Tübingen, pp. 1–43, establecendo como especie tipo Didelphis orientalis Pallas, 1766.[1][2]
Etimoloxías
editar- Nome científico
o nome científico do xénero, Phalanger, deriva do grego antigo φάλαγξ phálanx, 'araña', en referencia aos dedos segundo e terceiro, unidos, dos pés traseiros, coa adición da desinencia do latín científico -er.[3]
- Nomes vulgares
O nome falanxero é unha variante de falanxérido, nome de cada un dos membros da familia dos falanxéridos, segundo o Gran dicionario Xerais da lingua,[4] unha forma máis próxima ao latín Phalanger.
A palabra cuscú ten unha orixe algo escura, pero a maioría dos etimoloxistas cren que deriva dunha voz dos aborixes das Molucas ou da Nova Guinea. En Europa comezou a usarse a mediados do século XVII, como en francés, couscous, ou en alemán, baixo a forma Koeskoes.[5][6] (Hoxe en alemán o seu nome é Kuscus).
O termo entrou no latín científico a finais do XVIII e principos do XIX, como nome de dous de xéneros (sinónimos de Phalanger), Coescoes, descrito en 1799 por Lacépède, e Cuscus, descrito en 1826 por Lesson,[7] que probabelmente derivaron estes nomes do alemán ou do francés, respectivamente.
Sinónimos
editarAdemais de polo nome orixinal que lle adxudicou Storr, e que é o actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]
- Balantia Illiger, 1811
- Coescoes Lacépède, 1799
- Cuscus Lesson, 1826
- Phalangista E. Geoffroy St. Hilaire & G. Cuvier, 1795
- Sipalus G. Fischer, 1813
Clasificación
editarAs especies e subespecies comprendidas polo xénero difiren segundo as autoridades.
— Segundo o Mammals Species of the World (Consultado o 19-05-2016):[1]
Xénero Phalanger Storr, 1780
- Phalanger alexandrae Flannery & Boeadi, 1995
- Phalanger carmelitae Thomas, 1898
- Phalanger carmelitae carmelitae
- Phalanger carmelitae coccygis
- Phalanger gymnotis Peters & Doria, 1875
- Phalanger gymnotis gymnotis
- Phalanger gymnotis leucippus
- Phalanger intercastellanus Thomas, 1895
- Phalanger lullulae Thomas, 1895
- Phalanger matabiru Flannery & Boeadi, 1995
- Phalanger matanim Flannery, 1987
- Phalanger mimicus Thomas, 1922
- Phalanger mimicus mimicus
- Phalanger mimicus peninsulae
- Phalanger orientalis (Pallas, 1766)
- Phalanger orientalis breviceps
- Phalanger orientalis orientalis
- Phalanger ornatus (Gray, 1860)
- Phalanger rothschildi Thomas, 1898
- Phalanger sericeus Thomas, 1907
- Phalanger sericeus occidentalis
- Phalanger sericeus sericeus
- Phalanger vestitus (Milne-Edwards, 1877)
— Segundo o Sistema Integrado de Información Taxonómica (Consultado o 19-05-2016):[8]
Xénero Phalanger Storr, 1780
- Phalanger alexandrae Flannery & Boeadi, 1995
- Phalanger carmelitae Thomas, 1898
- Phalanger gymnotis Peters & Doria, 1875
- Phalanger intercastellanus Thomas, 1895
- Phalanger lullulae Thomas, 1896
- Phalanger matabiru Flannery & Boeadi, 1995
- Phalanger matanim Flannery, 1987
- Phalanger mimicus Thomas, 1922
- Phalanger orientalis (Pallas, 1766)
- Phalanger ornatus (Gray, 1860)
- Phalanger rothschildi Thomas, 1898
- Phalanger sericeus Thomas, 1907
- Phalanger vestitus (Milne-Edwards, 1877)
— Segundo o National Center for Biotechnology Information (Consultado o 19-05-2016):[9]
Xénero Phalanger
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Phalanger en MSW.
- ↑ Hoxe, Phalanger orientalis (Pallas, 1766).
- ↑ Memidex Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine..
- ↑ falanxérido, 3ª acep., no Gran dicionario Xerais da lingua. Tomo 1. Vigo, Xerais, 2009. ISBN 978-84-9914-071-1.
- ↑ 'cuscus Arquivado 24 de xullo de 2016 en Wayback Machine. no Oxford Dictionary.
- ↑ cuscus en Yourdictionary.com.
- ↑ cuscus no Collins Dictionary.
- ↑ Phalanger Storr, 1780 no ITIS.
- ↑ Phalanger no NCBI.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Phalanger |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Phalanger |
Bibliografía
editar- Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
- McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
- Rodríguez de la Fuente, Félix (1970): "Los restantes miembros de una diversificada familia", en Enciclopedia Salvat de la Fauna, Tomo 9, Australia e islas, pp. 71–75. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones.
- Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press.
- Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
- Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editores (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
editar- Marsupiais
- Australidelfos
- Diprotodontes
- Falanxeriformes
- Falanxéridos
- Falanxerinos (subfamilia)
- Falanxerinos (tribo)
Ligazóns externas
editar- Phalanger Storr 1780 Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- Phalanger en MSW.
- Phalanger no ITIS.
- Phalanger no NCBI.
- Phalanger na ADW.
- Phalanger na EOL.