Adiós, adiós
Adiós, adiós é o undécimo álbum de estudio da banda galega de rock and roll Los Suaves. Publicouse o 26 de xaneiro de 2010 polo selo Sony Music. Contou coa produción de Alberto Cereijo. Foi o derradeiro disco publicado pola banda ourensana, que se ben nunca anunciou a súa separación oficial, a día de hoxe semella rematada.
Adiós, adiós | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Los Suaves | ||||
Publicado | 26 de xaneiro de 2010 | |||
Duración | 54 mins. | |||
Xénero(s) | Rock | |||
Selo(s) | Sony Music | |||
Produtor | Alberto Cereijo | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Foi un disco ben recibido pola crítica mais polo público[1], logo do errado El jardín de las delicias, do que nunca volverían incorporar cancións ao repertorio en directo. Adiós, adiós configurase como unha volta ao son máis eléctrico e potente dos Suaves, coas guitarras de Alberto Cereijo e Fernando Calvo en sintonía total. A diferenza de Si yo fuera Dios, a banda apostou por cancións dunha duración un chisco menor, o que favoreceu a súa entrada nos set-list dos concertos, quedando até o final do grupo temas como Cuandos los sueños se van.
De novo, Yosi é o responsable de todas as letras, unha serie de versos onde percorre a temática habitual da súa obra, como a morte, a perda ou o amor convertido en traxedia.
A canción "Se alza el trueno" é unha versión de "Thunder Rising", que lle dedicou Gary Moore a Phil Lynott, ex cantante de Thin Lizzy. Doutra banda, e como curiosidade, a canción 27.000 días fai referencia á unha hipotética esperanza de vida do ser humano medio. Non é a primeira vez que un grupo de rock estatal utiliza esta referencia, pois xa Marea, a banda de Berriozar, bautizara o seu cuarto disco co título 28.000 puñaladas, unha por cada día da vida, regalando mil días máis que no caso dos Suaves.
Lista de cancións
editarN.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Adiós, adiós" | 5:28 |
2. | "Cuando los sueños se van" | 5:17 |
3. | "Esa noche te perdí" | 3:35 |
4. | "Frío como una llave" | 5:11 |
5. | "Corre conejo corre" | 3:17 |
6. | "Se alza el trueno" | 5:40 |
7. | "El último pecado" | 7:02 |
8. | "27 000 días" | 6:28 |
9. | "Han matado el rock and roll" | 4:08 |
10. | "Miau, miau" | 8:18 |
Compoñentes
editar- "Yosi" Domínguez: voz
- "Charly" Domínguez: baixo
- Alberto Cereijo: guitarra
- Fernando Calvo: guitarra
- "Tino" Mojón: batería.
Ligazóns externas
editar- ↑ "LaFonoteca, Disco: Adiós, Adiós". lafonoteca.net (en castelán). Consultado o 2021-05-10.