Yosi Domínguez
José Manuel Domínguez, máis coñecido como Yosi, nado en Ourense o 23 de xaneiro de 1948, é un músico galego, cantante e compositor do grupo de rock Los Suaves. Trátase dun dos compositores e vocalistas máis veteranos do panorama peninsular.
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Yosi ![]() 23 de xaneiro de 1948 ![]() Ourense, España ![]() |
Outros nomes | Yosi ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante, músico, policía ![]() |
Período de actividade | década de 1970 ![]() ![]() |
Membro de | |
Instrumento | Voz ![]() |
Selo discográfico | Locomotive Music ![]() |
Familia | |
Irmáns | Javier Domínguez ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarNado en Ourense en 1948, é membro do grupo de rock Los Suaves, irmán do baixista da mesma banda, Charli Domínguez, e do primeiro batería, Javier Domínguez.
As súas composicións abarcan temas como o amor, a perda, o día a día, a morte, a noite, as mulleres... Co paso dos anos nótaselle unha evolución nos temas das súas cancións e na profundidade das súas letras, como amosa o disco Si yo fuera Dios ou El jardín de las delicias. Á parte de tódalas letras de Los Suaves, figura tamén como compositor da música de case tódalas cancións, se ben nos últimos discos a influencia dos guitarristas Alberto Cereijo ou Fernando Calvo é máis notable e faise presente en temas como "Noche" ou "Mi casa". Pese a todo, o citado álbum El jardín de las delicias está composto na súa totalidade por Yosi.
Yosi é un dos cantantes máis veteranos de España, con máis de 60 anos, aínda se mantén nos escenarios e en constante proceso de creación.
Discografía
editarCon Los Suaves
editar- Vexa o artigo principal en: Discografía de Los Suaves