Acisclo de Córdoba
Acisclo[1], nado en Córdoba e finado na mesma cidade, o 17 de novembro de 304, foi un mártir de Córdoba, España. canonizado pola Igrexa católica como Santo Acisclo[1]. A súa vida é contada por Euloxio de Córdoba. Foi martirizado durante o mandato do emperador Diocleciano, xunto coa súa irmá Santa Vitoria. A súa festa celébrase o 17 de novembro de cada ano. Segundo a crenza galega, é un dos sete irmáns galaicos de santa Eufemia.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século III Córdoba, España |
Morte | 313 Córdoba, España |
Causa da morte | decapitación |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Período de tempo | Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 17 de novembro |
Compañeiro profesional | Victoria (en) : Acisclus and Victoria (en) |
Traxectoria
editarDespois de que fosen arrestados, Acisclo e Vitoria foron torturados. Segundo a tradición, Vitoria foi asasinada con frechas e Acisclo foi decapitado. Na tradición martirolóxica queda descrita a paixón destes santos con gran luxo de detalles. Unha passio do século X relata que o prefecto romano de Córdoba, Dion, ordenou meter a Vitoria e Acisclo nun forno. Cando o prefecto escoitou os cánticos provenientes do forno ordenou que guindalos ao río Guadalquivir atados a pedras. Ambos os santos apareceron flotando sen sufrir dano. Ordenouse entón que colocalos nun lume. Con todo o lume escapou do control dos verdugos e afírmase que morreron moitos pagáns sen afectarse os santos. Deuse finalmente a orde da súa decapitación, razón pola que o santo é representado cunha liña vermella de sangue no pescozo.[2][3]
O poeta Prudencio rendeulle homenaxe en dous breves versos. Pablo García Baena dedicoulle o poema «Himno a los santos niños Acisclo y Victoria» no libro Antiguo Muchacho.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-11-05.
- ↑ Angel Fábrega Grau, Pasionario hispánico, 2 vols., Monumenta Hispaniae Sacra, serie litúrgica, 6 (Barcelona, 1953).
- ↑ PASSIO SS. MARTYRUM ACISCLI & Victoriae
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Acisclo de Córdoba |