Eufemia de Ourense

relixiosa galega

Eufemia de Ourense, coñecida simplemente como Eufemia (do século II), é unha santa que morreu martirizada en tempos do emperador Hadriano. Por mor da escaseza e orixe dubidosa dos datos haxiográficos, Santa Eufemia non figura entre os santos oficiais que aparecen no martiroloxio, sendo en ocasións confundida con Eufemia de Calcedonia.[1]

Modelo:BiografíaEufemia de Ourense

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo II Editar o valor en Wikidata
Gallaecia, Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Morteséculo II Editar o valor en Wikidata
Lobios, España Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiLucio Castelio Severo Editar o valor en Wikidata
IrmánsMariña de Augas Santas
Marciana
Xenibera
Basilia
Quiteria
Liberata
Vitoria
Xermana Editar o valor en Wikidata

Haxiografía

editar

Foi o bispo ourensán Juan Muñoz de la Cueva (1717-1728) quen recolleu a lenda da orixe da santa galega. Segundo esta tradición, naceu en Baiona e foi perseguida por non renunciar á súa fe ata esconderse nas proximidades da serra do Xurés, entre Galicia e Portugal, no que hoxe se chama Serra de Santa Eufemia, e onde finalmente foi capturada e martirizada en tempos de Hadriano (76-138).

Segundo Muñoz de la Cueva, Eufemia naceu en Baiona ou Braga no ano 119 ou 120, e foi unha das nove fillas[2] que Calsia, esposa do entón gobernador romano de Gallaecia e Lusitania Lucio Castelio Severo, deu a luz nun único parto. Son coñecidos os rituais máxicos que se deben cumprir para conseguir ter fillos, como bañarse en determinadas fontes ou na praia da Lanzada, deitarse na cama de San Guillerme (en Fisterra) ou, incluso, deitarse con varios homes. Neste último caso podían conseguirse xemelgos, así que Calsia asustouse polo múltiple alumbramento. Celsia bebera da fonte Cristalina, de Baiona, pero, temendo ser repudiada por infidelidade, decidiu desfacerse das nenas, salvo unha, polo que lle encomendou á serva Sila afogalas en segredo no río Este (segundo outras fontes o río Miñor).[3] Sila, que era cristiá, optou por deixar as meniñas en casa de varias familias coñecidas, que as educaron na fe católica, sendo todas elas bautizadas por San Ovidio, bispo de Braga, cos nomes de Liberata, Mariña, Vitoria, Xermana, Quiteria, Marciana, Xenevra e Basilia; ó neno bautizárono como Acisclo.

Tras comparecer anos despois ante o seu propio pai acusadas de ser cristiás e sabendo este que eran as súas fillas, Eufemia e as súas irmás rexeitaron a súa oferta de vivir arrodeadas de luxos e comodidades a cambio de renegar de Cristo. Lucio tomou a decisión de encarcelalas co fin de atemorizalas, se ben as irmás lograron escapar, véndose na obriga de fuxir a diferentes lugares, pero finalmente todas elas foron capturadas e martirizadas.[4], incluída a serva Sila. Outra versión afirma, non obstante, que Lucio descubriu a súa paternidade durante o proceso após advertir o parecido das irmás coa súa esposa Calsia, quen acabaría por confesar a verdade a verdade, concedendo o gobernador as súas fillas un día de prazo para elixir entre renunciar ao cristianismo ou morrer, momento en que todas elas fuxiron.[3]

 
Serra de Santa Eufemia (Lobios).

De acordo coa tradición, Eufemia evanxelizou na área da serra do Xurés, na comarca de Baixa Limia, polo que sufriu martirio, sendo soterrada nun lugar actualmente coñecido co nome de serra de Santa Eufemia tras ser guindada polos precipicios do norte da zona, preto da antiga cidade romana de Obróbiga, actual Manín, Lobios.[5][6]

Segundo unhas placas do século XV da catedral de Ourense, Eufemia foi sometida ao tormento da roda, aínda que o máis probábel é que este feito se tomase da haxiografía de Santa Eufemia de Calcedonia.

Reliquias

editar
 
Altar de Santa Eufemia na catedral de Ourense. As súas reliquias custódianse nunha furna situada detrás da estatua.

Séculos despois da súa morte, no ano 1060 (segundo algunhas fontes no 1090),[6] unha pastora que se atopaba gardando as ovellas do seu pai descubriu en Campelo, preto de San Salvador de Manín (Lobios), unha tumba da que saía unha man que levaba un anel de ouro nun dos seus dedos. A muller tomouno, pero no instante perdeu a fala, recobrándoa só tras devolver a xoias á man do cadáver en compaña do seu pai, a quen acudira en busca de auxilio e explicándolle por acenos o acontecido.[7] Segundo a lenda, escoitouse unha voz no ceo que afirmou que alí se atopaba a tumba de santa Eufemia:

Aquí está o corpo de Santa Eufemia, apresúrate a pasalo coa reverencia debida á igrexa de Santa Mariña.[8]

Ante o milagre, os veciños acordaron levar o corpo e o sartego a unha pequena capela que había no lugar, dedicada a Santa Mariña.[9], e trasladárona e enterrárona baixo o altar da ermida, situada entre as dioceses de Braga e Ourense. En 1159 o bispo de Ourense, Pedro Seguín, coa axuda dunha veciña de Manín de nome Estefanía,[10] intentou trasladar o corpo da santa á catedral da cidade, pero chocou coa firme oposición dos fregueses de Braga, orixinándose unha disputa entre ambas as dioceses. Co fin de resolver o dilema, tomouse a decisión de colocar a furna co corpo da santa nun carro tirado por bois e sepultar os seus restos no lugar onde os animais se dirixisen.[11] Os bois encamiñáronse cara a Ourense, deténdose nas inmediacións da cidade, na zona de Seixalbo (hoxe unha parroquia de Ourense), lugar onde se erixiu un cruceiro e unha capela,[12] e dende o cal os restos foron trasladados até a capital:

"O bispo de Ourense don Pedro Seguín determiñóu de traguelo prá súa catedral, mailos portugueses opuxéronse, chegando haber entre uns e outros unha verdadeira batalla, hastra que por fin conviñeron en pór a urnia co corpo da santa nun carro con dous bois bravos e indómitos, e ver pra onde dispuña Deus que collesen; os bois colleron pra Ourense, e pararon unha miguiña antes, onde moitos recordamos haber unha capela xa ruiñenta onde estivo, asegún a tradición, o corpo de Santa Eufemia, enantes de que o trougueran prá capela mór da Catedral, onde hoxe está"
V. Risco, px. 350.

Este feito explicaría o protagonismo que a santa recibe en Ourense capital, onde ten dúas parroquias e unha praza dedicadas a ela: a igrexa dedicada á santa, a máis grande da cidade despois da catedral, coñécese como Santa Eufemia do Centro (ou Santa Eufemia a Real) para diferenciala doutra igrexa próxima tamén baixo a advocación da santa, Santa Eufemia do Norte, ou de San Domingos. Foi construída por Frai Plácido Iglesias a mediados do XVII pero non se rematou ata 1899. Caracterízase pola súa fachada barroca de forma cóncava.

Posúe tamñen un altar colateral situado na capela maior da catedral de Ourense, lugar onde se veneran as súas reliquias, unha das cales, a saba de liño que cubría o seu corpo cando foi trasladado (datada no século XII), era empregada antigamente para envolver nela aos doentes baixo a crenza das súas propiedades curativas.

O anel atopado na súa tumba, outra das súas reliquias, foi custodiado na catedral até a súa desaparición no século XVI.[5][6][7] Segundo Ambrosio de Morales, o culto a Santa Eufemia estendeuse a outros lugares fóra de Galicia, como o antigo Reino de León,[13] chegando o propio Fernando II de León e Galicia a ser curado dunha grave doenza supostamente por intercesión da santa e de Martiño de Tours en 1160.[14] O 23 de xuño de 1720, Muñoz de la Cueva colocou o corpo de Santa Eufemia de modo solemne xunto as reliquias dos mártires Fagundo e Primitivo na capela maior da catedral,[15] moi preto do seu anterior sepulcro.

Apropiación

editar

Debido á inexistencia de rexistro documental e á dubidosa veracidade dos datos haxiográficos, existe a posibilidade de que aínda no caso de que Eufemia de Ourense e Eufemia de Calcedonia sexan dúas santas distintas, a primeira tomara datos e feitos haxiográficos da segunda, coñecéndose isto como "apropiación" (fenómeno mediante o que se produce a adaptación dos elementos que conforman a concepción dun santo dun determinado lugar a outro). Xa que o culto a Eufemia de Calcedonia é anterior, o autor José Ramón Hernández Figueiredo chegou á conclusión de que a haxiografía de Eufemia de Ourense foi construída, por un lado, a partir dalgúns dos datos coñecidos sobre Eufemia de Calcedonia, e por outro, mediante lendas propias dos relatos haxiográficos.[1]

editar

Hai lendas que relacionan a Santa Eufemia con fontes milagreiras e ligadas a ritos de fecundidade:

  • A igrexa de Santa Eufemia de Ambía, en Baños de Molgas, ten o altar sobre unha ara romana dedicada ás ninfas.
  • A ermida de Santa Eufemia en Vilouchada (Trazo) ten unha fonte, a Fonte da Santa, na que se bañan os enmeigados ou posuídos polo demo para curar deses maleficios; tamén hai unha Pedra dos Cadrís á que se atribúen propiedades curativas contra a reuma e a esterilidade.
  • A ermida de Santa Eufemia de Trasbar (en Castelo (Cervo) ten unha fonte con auga milagreira para curar enfermidades da pel.
  • Santa Eufemia de Ons (Brión) é avogosa contra as dores de barriga.

Á festa de Santa Eufemia en Arteixo acoden os endiañados e os familiares póñenlles pezas de roupa benditas e lévanos en procesión.

  • San Isidro labrador,/ que anda arando no campo;/ a santa Eufemia bendita/ vaille de diante do gado.[16]
  • San Isidro Labrador,/ que andas arando no campo,/ e santa Eufemia bendita/ vaille por diante do gando.[17]
  • Fun ó San Lorenzo ás Quintas/ i á Santa Eufemia a parada;/ as mociñas de Requeixo/ son as que botan a vaia.[18]

Toponimia

editar
 
Igrexa parroquial de Santa Eufemia do Monte, en Toques.

En Galicia, Santa Eufemia dá nome a unha parroquia e nove lugares:

É titular de nove parroquias galegas, algunhas das máis antigas de Galicia:

Galería de imaxes

editar
  1. 1,0 1,1 Ulloa, Fina (24 de novembro de 2016). De la santa Eufemia ourensana sabemos realmente muy poco. 
  2. Segundo Ferro Ruibal, foron nove meniñas e un neno varón.
  3. 3,0 3,1 "Santa Quiteria". aciprensa.com. 
  4. Montes González, Andrea (21 de setembro de 2019). "O culto a santa Eufemia na catedral medieval de Ourense". Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2019. Consultado o 05 de agosto de 2022. 
  5. 5,0 5,1 "Igrexa de Santa Eufemia". Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "Santa Eufemia". Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  7. 7,0 7,1 Rodríguez González, Avelino (xaneiro de 2013). "Museo arqueolóxico provincial de Ourense". 
  8. de Morales, Ambrosio (1765). Viage a los reynos de Leon y Galicia y Principado de Asturias. Para reconocer las reliquias de santos, sepulcras Reales y libros manuscritos de las cathedrales y monasterios. Dale a luz con notas, con la vida del autor y con su retrato Henrique Florez. 
  9. E onde Risco asegura que aínda se conserva a urnia de pedra en que estivo (Risco, px. 350).
  10. "Santa Eufemia de Lobios". 
  11. Como se fixo noutros casos semellantes: Santiago de Compostela ou A Virxe da Franqueira).
  12. No Museo Arqueolóxico de Ourense consérvase unha pequena figura de pedra, sen cabeza, identificada como Santa Eufemia; o dorso da imaxe non está labrado, como para fixarse ó fuste do cruceiro. A santa sostén un libro na man esquerda e sinálao co índice da man dereita, en referencia ó milagre citado do Concilio de Calcedonia.
  13. "Catedral, Museo. Sábana de Santa Eufemia, fragmento, (s. XII ?)". 
  14. Espana Sagrada. Theatro geographico-historico de la iglesia de Espana. Origen, divisiones, y limites de todas sus provincias. Antiguedad, traslaciones, y estado antiguo y presente de sus sillas en todos los dominios de Espana, y Portugal. Con varias dissertaciones criticas, para ilustrar la historia eclesiastica de Espana. ... su autor el P.M. Fr. Henrique Florez, del orden de San Augustin ... tomo 1.[-51!: De la santa Iglesia de Orense en su estado antiguo y presente. Su autor el r.p.m. fr. Henrique Florez, .., Volumen 17. 1763. p. 225. 
  15. "Santa Eufemia de Ourense, Virgen y Mártir". 
  16. Xaquín Lorenzo. A cantiga refírese á lenda de san Isidro, labrego madrileño do século XI, que cando tiña que rezar era substituído por anxos -non por Santa Eufemia- no arado. Introducen a santa na cantiga pola devoción que se lle ten na Limia e porque tamén na súa aparición en Galicia interveu un carro xunguido, como xa vimos.
  17. Domingo Blanco Pérez.
  18. Xaquín Lorenzo. O colector explica que botar a vaia significa desafiar, retar ós mozos do lugar.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar