Abraham Lloriente Sánchez
Abraham Lloriente Sánchez, coñecido como Madrileño, nado en Madrid cara a 1912 e finado en Xinzo (Ponteareas) o 15 de novembro de 1943, foi un guerrilleiro antifranquista.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1912 ![]() Madrid, España ![]() |
Morte | 15 de novembro de 1943 ![]() Xinzo, España ![]() |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis, traballador ferroviario ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarFerroviario asentado en Vigo, na República foi elixido vogal da sección xuvenil da agrupación local do Partido Republicano Radical Socialista que presidía José Acuña, en 1933.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Reclamado polo xuíz militar de Vigo mediante requisitoria o 8 de setembro,[2] e novamente reclamado por requisitoria en xuño de 1937 xunto con Roberto Oya Alonso, Álvaro Ballesteros Estévez, Guillermo Santos Caride, Eugenio González Fernández, Fermín Pais Alonso e outros veciños de Lavadores fuxidos,[3] foi xulgado por rebelión militar e declarado en rebeldía. Integrouse no grupo de José García Morales e Ramón Pereira Antelo cos que participou nalgunhas accións dende 1942. En abril de 1943 foi procesado por roubo e asasinato do veciño de Petelos Fructuoso Costas Giráldez (o garda cívico que rematou a Manuel González Fresco), con José García Morales, Ramón Pereira Antelo, Manuel Simón Campos e José Luís Quintas Figueroa.[4] Morreu asasinado en Xinzo o 15 de novembro de 1943.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 92. ISBN 84-8485-231-8.