Manuel González Fresco
Manuel González Fresco, coñecido como Fresco, nado en Vigo o 20 de agosto de 1886 e finado en Ponteareas o 24 de decembro de 1936, foi un político galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de agosto de 1886 ![]() Vigo, España ![]() |
Morte | 24 de decembro de 1936 ![]() Padróns, España ![]() |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo ![]() |
Outros nomes | Fresco ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFillo de Antonio González Romero, contratista de obras e empresario vigués. Membro da burguesía viguesa, cazador e magnífico tirador. De ideoloxía socialista, estaba aveciñado en Areas (Ponteareas). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na defensa de Lavadores contra os sublevados, como consecuencia, tivo que fuxir ao monte a fins de xullo. Moveuse polas bisbarras de Salvaterra de Miño, A Cañiza e Ponteareas. O xuíz militar de Vigo reclamouno mediante requisitoria o 23 de novembro de 1936.[1] O 24 de decembro de 1936 un grupo de falanxistas e gardas civís matárono no monte Galleiro. O seu corpo permaneceu no monte ata o día 6 de xaneiro.[2]
Vida persoal
editarCasou en 1928 con Nieves Souto Alfaya,[3] que logo do golpe de Estado foi detida e estivo presa en Ponteareas.[4]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Freixanes, Víctor F. (1980). O Fresco. Memorias dun fuxido (1936). Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-002-7.