Universidade Villanueva
A Universidade Villanueva ou Universidade Internacional Villanueva, é unha universidade de titularidade privada, pertencente a Fomento de Centros de Enseñanza e está situada en Madrid (España)[1] e está afiliada á organización católica Opus Dei. Creada en 2019, comenzou a funcionar en 2020, aínda que a súa historia remóntase a 1997.
Universidade Villanueva | |
---|---|
Tipo | universidade privada |
Data de fundación | 2020 |
En | Madrid |
País | España |
40°29′49″N 3°42′17″O / 40.497083333333, -3.7046944444444 | |
Na rede | |
https://www.villanueva.edu | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA súa orixe está no 9 de decembro de 1977, cando se funda a Escuela Universitaria del Profesorado "Fomento de Centros de Enseñanza", dirixida por Tomás Alvira. Posteriormente, no 1997, créase o Centro de Enseñanza Superior Villanueva, estando ámbolos dous centros adscritos á Universidade Complutense de Madrid.[2]
Finalmente, os dous centros adscritos acaba uníndose para crear a Universidade Internacional Villanueva, que foi recoñecida como universidade privada pola Lei 5/2019, de 20 de marzo (Boletín Oficial da Comunidade de Madrid de 28 de marzo e Boletín Oficial do Estado de 5 de xullo),[3] autorizándose o inicio de actividades da universidade no curso académico 2020-2021.[4]
Centros docentes
editarA universidade comezou con dúas facultades[5] e, en 2023, ofrecía as seguintes ensinanzas:[6]
- Facultade de Ciencias Sociais e Xurídicas:
- Graos: Grao en Administración e Dirección de Empresas, Grao en Dereito, Grao en Mestre de Educación Infantil, Grao en Mestre en Educación Primaria, Grao en Comunicación Audiovisual, Grao en Periodismo, Grao en Publicidade e Relacións Públicas.
- Dobres graos: en Administración e Dirección de Empresas e Dereito, en Mestre de Educación Infantil e Primaria, en Educación Primaria e Psicoloxa.
- Posgraos: Mestrado en Periodismo Deportivo (presencial, online e semipresencial), Mestrado en Acceso a la Avogacía, Mestrado Universitario en Avogacía Dixital, Emprendimiento y Tecnología, Mestrado Universitario en Formación del Profesorado, Mestrado Universitario en Gestión de Centros Educativos.
- Facultade de Ciencias da Saúde
- Graos: Psicoloxía.
- Posgraos: Mestrado Universitario en Atención Temperá, Mestrado Universitario en Psicoloxía da Educación, Mestrado Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria.
Campus
editarO seu campus está formado por dous edificios na rúa da Costa Brava do barrio de Mirasierra, no distrito Fuencarral-O Pardo de Madrid.
Notas
editar- ↑ Redacción (9 de xullo de 2020). "La Univerisdad Villanueva comenzará su actividad como universidad privada el próximo curso". ABC (en castelán) (Madrid). Consultado o 25 de outubro de 2023.
- ↑ 50 Aniversario Fomento de Centros de Enseñanza. Madrid: Editora Social y Cultural. 2014. p. 255. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2023. Consultado o 31 de marzo de 2022.
- ↑ Comunidad de Madrid (5 de xullo de 2019). "Ley 5/2019, de 20 de marzo, de reconocimiento de la universidad privada «Universidad Internacional Villanueva»". boe.es (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2023.
- ↑ Comunidad de Madrid (10 de xullo de 2020). "DECRETO 55/2020, de 8 de julio, del Consejo de Gobierno, por el que se autoriza el inicio de actividades de la Universidad Privada Universidad Internacional Villanueva y se aprueban sus normas de organización y funcionamiento" (PDF). bocm.es (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2023.
- ↑ "Aprobación de la Universidad Villanueva". fomento.edu (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2023.
- ↑ "Grados Universitarios". villanueva.edu (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2023.