Zunido
Chámase zunido,[1] acúfeno ou tinnitus[2] (do latín médico tinnitus) a unha sensación auditiva cuxa fonte non procede dun estímulo externo ao organismo. É un síntoma asociado a varias formas de perda auditiva pero tamén a outras enfermidades, xeralmente asociado a traumatismos físicos.
Acúfenos | |
---|---|
![]() Representación subxectiva do tinnitus e a súa sensación | |
Sinónimos | Tinnitus, acúfeno, zunido etc. |
Especialidade | Audioloxía, Neuroloxía, Otoloxía, Otorrinolaringoloxía |
Síntomas | Sensación dun ruído constante sen fonte externa |
Complicacións | Insomnio, ansiedade, estrés, dificultades de concentración, perda auditiva asociada |
Inicio habitual | Pode aparecer de súpeto ou progresivamente |
Duración | Crónico ou transitorio |
Tipos | Subxectivo (percibido só polo paciente), Obxectivo (detectable por un médico) |
Causas | Exposición a ruído forte, envellecemento, lesións no oído, dano nas células ciliadas da cóclea, trastornos vasculares, doenzas do oído interno, traumatismos craniais, estrés, problemas circulatorios, infeccións, efectos secundarios de fármacos |
Factores de risco | Efectos secundarios de algúns fármacos, exposición a ruídos fortes, envellecemento, doenzas cardiovasculares |
Diagnóstico | Avaliación médica, audiometría, timpanometría, exames de imaxe (RMN, TAC en casos sospeitosos) |
Condicións semellantes | Hipoacusia, síndrome de Ménière, misofonía, hiperacusia |
Prevención | Protección auditiva en ambientes ruidosos, control da presión arterial |
Tratamento | Terapias sonoras, readestramento auditivo, técnicas de relaxación |
Medicación | Ansiolíticos, antidepresivos, vasodilatadores (en casos seleccionados) |
Prognose | Pode desaparecer espontaneamente ou volverse crónico |
Frecuencia | 15-20% da poboación adulta experimenta algún grao de tinnitus |
![]() Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Trátase dun fenómeno perceptivo que consiste en notar golpes ou pitos no ouvido que non están orixinados en fonte externa ningunha.
Causas
editarEste zunido suponse que se produce polo aumento da actividade das áreas cerebrais que interveñen na audición, e aparece asociado a trastornos do aparello auditivo. Non se limita a un tilintineo, pode percibirse en forma de pitos, zunido grave ou agudo, rouco, sibilancia, ruído branco, estrondo ou cantar de grilos, entre outros sons.
A forma máis habitual ten a súa orixe en lesións do oído interno, a cóclea, por exposición delongada a sons por riba do volume límite para a saúde humana, 85 decibelios. Outras causas poden ser as infeccións e as lesións, así como o uso dalgúns medicamentos.
Mecanismos cerebrais
editarOs estudos de neuroimaxe indican que o tinnitus está asociado a cambios na actividade cerebral, especialmente en áreas relacionadas coa audición e a percepción sensorial. As rexións en azul están implicadas na modulación do son, mentres que as áreas en verde están relacionadas tanto coa percepción auditiva como coa emoción vinculada ao tinnitus.[4]
Notas
editar- ↑ "zunido". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2025-01-31.
- ↑ "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Consultado o 2025-01-31.
- ↑ Rauschecker, Josef P.; Leaver, Amber M.; Mühlau, Mark (2010). "Tuning out the noise: Limbic-auditory interactions in tinnitus". Neuron 66 (6): 819–826. PMID 20620868. doi:10.1016/j.neuron.2010.04.032.
- ↑ Rauschecker et al., 2010.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Shemesh Z, Attias J, Ornan M, Shapira N, Shahar A. : Vitamin B12 deficiency in patients with chronic-tinnitus and noise-induced hearing loss. Am J Otolaryngol. 1993 Mar-Apr;14(2):94-9.
- Shemesh Z., Pratt H, Reshef I, Bresloff I, Horowitz G, Polyakov A : Detailed analysis of auditory brainstem responses in patients with noise-induced tinnitus. Audiology. 1996 Sep-Oct;35(5):259-70.