Zona especial de conservación de Negueira
Negueira é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe parte do encoro de Salime e abas do río Navia nese concello. Esta área de conservación ocupa 4.547 ha. do concellos de Negueira de Muñiz, na comarca da Fonsagrada.[1][2][3][4][5] Destaca por ser unha zona de montaña, con clima atlántico pero influencia mediterránea, con bosques de castiñeiros, carballos e sobreiras e por se un lugar común dos osos pardos.[5]
Tipo | espazo natural protexido Zonas de especial protección dos valores naturais | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Negueira de Muñiz, España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 4.554,86381 ha | |||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 349001 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | decembro de 2004 | |||
Xeografía
editarO espazo natural está por completo no concello de Negueira de Muñiz, na comarca lucense da Fonsagrada. Inclúe ás parroquia de Río de Porto, Ernes e parte das de Barcela (os lugares de Barcela, Cancio, Castelo, El Foxo, Rozadas, Vilauxín, ) e de Negueira (os lugares de Negueira, Pieiga, Sanformar e Seira).[4][5]
Inclúe un treito final do encoro de Salime, coas abas e regatos que chegan a este encoro. Este encoro está no treito alto do río Navia.
Fauna e flora
editarFlora
editarOs bosques fórmanos os castaños (Castanea sativa) e os carballos (Quercus robur) e sobreiras (Quercus suber) e nas ribeiras os abeneiros (Alnus glutinosa) e os freixos (Fraxinus excelsior). Entre os bosques prioritarios do espazo están os bosques de costas e barrancos e os sobreirais. Outras masas fórmanas os queirogais, que os forman as especies de Erica ciliaris e Erica tetralix. No espazo están ademais lugares de turbeiras activas.[4][5]
Fauna
editarEn Negueira está presente o oso pardo (Ursus arctos) e outras especies de conservación prioritaria, como o Cerambyx cerdo, os escornabois (Lucanus cervus), as londras (Lutra lutra) e os aguaneiros (Galemys pyrenaicus).[4][5]
As especies da fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[4][5]
Grupo | Especie |
---|---|
Invertebrados | Cerambyx cerdo |
Invertebrados | Elona quimperiana |
Invertebrados | Geomalacus maculosus |
Invertebrados | Lucanus cervus |
Anfibios | Chioglossa lusitanica |
Anfibios | Discoglossus galganoi |
Réptiles | Lacerta monticola |
Réptiles | Lacerta schreiberi |
Mamíferos | Galemys pyrenaicus |
Mamíferos | Lutra lutra |
Mamíferos | Myotis emarginatus |
Mamíferos | Myotis myotis |
Mamíferos | Rhinolophus ferrumequinum |
Mamíferos | Rhinolophus hipposideros |
Mamíferos | Ursus arctos |
Lexislación
editarNegueira foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014. O espazo natural forma parte da Reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón.[4][5]
Galería de imaxes
editar-
Encoro de Grandas de Salime.
Notas
editar- ↑ BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96.
- ↑ Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427.
- ↑ Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1120010 Negueira". Consultado o 24/8/2019.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 "Natura 2000: ES1120010 Negueira". Consultado o 24/8/2019.