Acordo de Schengen

(Redirección desde «Zona Schengen»)

O Acordo de Schengen é unha convención entre países europeos sobre unha política de libre circulación de persoas no espazo xeográfico de Europa. Son 25 nacións da Unión Europea (Chipre e Irlanda, non son parte) e máis outros 4 países europeos membros da EFTA (Islandia, Liechtenstein, Noruega e Suíza).

Acordo de Schengen

Tipotratado internacional Editar o valor en Wikidata
Parte deAcordo de Schengen Editar o valor en Wikidata
Coordenadas54°16′30″N 25°33′45″L / 54.274948, 25.562611 e 49°28′N 6°22′L / 49.47, 6.36{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
LocalizaciónConvenio de Schengen Editar o valor en Wikidata
AsinanteSuíza, Alemaña, Francia, Austria, Luxemburgo, España, Portugal, Países Baixos, Bélxica e Dinamarca Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]
En azul están os membros do Tratado de Schengen. En verde, os futuros membros.

Definición

editar

O Espazo Schengen permite a libre circulación de persoas dentro dos países signatarios sen ter que parar nas fronteiras e presentar o seu pasaporte. É necesario ser portador dun documento legal coma, por exemplo, o DNI. O Espazo Schengen non se relaciona coa libre circulación de mercadorías (embargos etc.) cuxa entidade mediadora é a Unión Europea e os outros membros fora do bloque económico.

 
Edificio da alfándega na Raia entre Galiza e Portugal, que deixou de ter uso en 1992 ao adoptaren España e mais Portugal o Acordo de Schengen.

Historia

editar

O acordo foi orixinalmente asinado o 14 de xuño do 1985 por cinco países (Bélxica, Francia, Alemaña, Luxemburgo e Países Baixos). A sinatura do tratado ocorreu a bordo do barco Princesse Marie-Astrid no río Mosela, próximo a Schengen, unha pequena localidade Luxemburguesa na fronteira con Francia e Alemaña.

 
Unha fronteira Schengen típica: non existe posto de control. A foto tomouse na fronteira entre Austria e Alemaña

O acordo asinado en 1985 estabeleceu os pasos a seguir para criar o espazo Schengen. Un documento adicional chamado Convención de Schengen foi creado para pór o tratado de Schengen en práctica. Este segundo documento substituíu o primeiro e foi asinado por cada país na seguinte orde:

Mónaco, San Marino e o Vaticano están dentro do Acordo de Shengen por seren enclaves.

Excepcións

editar

Nos seguintes territorios de membros da área Schengen o tratado non é aplicábel:

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar