Zitkala-Ša
Zitkala-Ša (en dakota: "paxaro vermello"), nada o 22 de febreiro de 1876 e finada o 26 de xaneiro de 1938,[1] era unha escritora, editora, música, mestra e activista síux, tamén coñecida polo seu nome cristián Gertrude Simmons Bonnin. Escribiu varias obras nas que relatou os seus problemas identitarios na mocidade e a división entre a cultura maioritaria e a súa herdanza nativa americana. Os seus derradeiros traballos en inglés levaron as historias tradicionais do seu pobo ós lectores brancos por primeira vez na historia.
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de 1876 Reserva india Yankton, Dacota do Sur |
Morte | 26 de xaneiro de 1938 (61 anos) Washington, D.C. |
Lugar de sepultura | Cemiterio Nacional de Arlington ![]() |
Presidente National Council of American Indians (en) ![]() | |
1926 – 1938 ![]() | |
Datos persoais | |
Grupo étnico | Sioux ![]() |
Educación | Earlham College (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Folclore ![]() |
Ocupación | Escritora, editora, músico, mestra e activista |
Período de actividade | 1900 ![]() |
Empregador | Carlisle Indian Industrial School (1899–1901) ![]() |
Membro de | |
Instrumento | Violín ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Raymond Bonnin ![]() |
Fillos | Son, Ohiya ![]() |
Descrito pola fonte | Forgotten Women: The Leaders (en) ![]() Obálky knih, ![]() Native American Women: A Biographical Dictionary ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Con William F. Hanson, Bonnin compuxo a primeira ópera nativa americana, The Sun Dance (composta baseándose no estilo do pobo ute e en temas síux), que foi estreada en 1913.[2] Fundou o Consello Nacional dos Indios Americanos en 1926 co obxectivo de loitar polos dereitos civís dos nativos. Serviu como presidenta até a súa morte en 1938.[3]
Obra traducida ao galego
editar- A infancia perdida, Colección "Indomeables", autoedición, 2020. Tradución e edición de María Reimóndez.
Notas
editar- ↑ Buechel, Eugene; Paul Manhart (2002) [1970]. Lakota Dictionary: Lakota-English/English-Lakota (New Comprehensive Edition ed.). Lincoln: University of Nebraska Press. ISBN 0-8032-1305-0. OCLC 49312425.
- ↑ "Gertrude Bonnin, Zitkala Sha, Yankton Nakota." Native Authors. (consultado o 12 de abril de 2010)
- ↑ Norton Anthology of American Literature (5ª edición ed.).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zitkala-Ša |
Bibliografía
editar- Fear-Segal, Jacqueline (1999). "Nineteenth-Century Indian Education: Universalism Versus Evolutionism." Journal of American Studies vol. 33, no. 2 (agosto de 1999), pp. 323–341.
- Fisher, Dexter (1979). "Zitkala Sa: The Evolution of a Writer." American Indian Quarterly, vol. 5, no. 3 (agosto de 1979), pp. 229–238
- Hafen, P. Jane (1997). "Zitkala Sa: Sentimentality and Sovereignty", Wicazo Sa Review, vol. 12, no. 2 (Autumn 1997), pp. 31–41.
- Hafen, P. Jane (2001). Dreams and Thunder: Stories, Poems, and The Sun Dance Opera. By Zitkala-Sa. Ed. P. Jane Hafen. Lincoln: University of Nebraska Press.
- Henderson, Melissa Renee e Lauren Curtwright (1997). "Gertrude Simmons Bonnin (Zitkala-Sa)". Washington State University. Online. Internet. Posted: 12-4-97. Updated: 8-19-04.
- Peyer, Bernd C. (1997) The Tutored Mind: Indian Missionary-Writers in Antebellum America. Amherst: University of Massachusetts Press.
- Rappaport, Doreen (1997). The Flight of Red Bird: The Life of Zitkala-Sa. Nova York: Puffin. ISBN 978-0-8037-1438-0.
- Smith, Catherine Parsons (2001). "An Operatic Skeleton on the Western Frontier: Zitkala-Sa, William F. Hanson, and the Sun Dance Opera." Women & Music, xaneiro de 2001.