Zheleznogorsk, Krasnoiarsk
Zheleznogorsk (en ruso: Железного́рск), anteriormente coñecida como Krasnoiarsk-26 (Красноярск-26) é unha cidade rusa, situada no krai de Krasnoiarsk. Foi fundada en 1950 como unha cidade pechada dedicada á industria nuclear.[1]
Железногорск (ru) ![]() | ||||
Alcume | Атомный город ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Rusia | |||
Krais | Krai de Krasnoiarsk | |||
Distrito urbano | Zheleznogorsk Urban Okrug (en) ![]() ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 82.723 (2021) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 456 km² ![]() | |||
Altitude | 150 m ![]() | |||
Creación | 1950 ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 662970 ![]() | |||
Prefixo telefónico | 3919 ![]() | |||
Identificador OKTMO | 04735000001 ![]() | |||
Identificador OKATO | 04535000000 ![]() | |||
Sitio web | admk26.ru ![]() |
Historia
editarFoi creada en 1950 para a produción de plutonio para armamento e recibiu o nome de Krasnoiarsk-26.[2] A historia do lugar e o complexo de defensa están interconectados. En 1959, o goberno creou a oficina oriental da OKB-1 baixo a supervisión de MF Reshetnov. Os edificios de defensa incluían instalacións nucleares construídas en cavernas talladas na montaña ao norte da cidade, do mesmo xeito que as oficinas de investigación espacial.[3]
En 1992, con Boris Yeltsin no goberno, aprobouse un decreto no que se podían utilizar as nomenclaturas históricas, e a cidade empezou a aparecer nos mapas oficiais. Con todo, tal como marcaba a tradición nas cidades soviéticas con instalacións secretas, o número do antigo nome forma parte do código postal.
Status administrativo
editarDentro do sistema de divisións administrativas rusas, é xunto con outras cinco localidades rurais, parte do Territorio Administrativo Pechado de Zheleznogorsk, cuxa unidade administrativa equivale aos raions.[4]
Como municipio, está localizado dentro do Okug Urbano de Zheleznogorsk.[5]
Economía
editarZheleznogorsk é coñecida polo seu complexo nuclear e xogou un papel importante nos primeiros anos da produción de armas nucleares na Unión Soviética.[6] Ademais, na cidade ten a súa sede o ISS Reshetnov, o maior fabricante de satélites do país e o principal promotor do programa GLONASS.
Notas
editar- ↑ Zhigulsky, Anton (25 de octubre de 1995). "Former Closed Cities Host International Fair". Consultado o 13 de enero de 2015.
- ↑ "Краснояркий Горно-Химический комбинат". wdcb.ru (en ruso). Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ Medvedev, Vladimir (1954). Atom Town (en inglés). Zheleznogorsk: Bear Company.
- ↑ "КРАСНОЯРСКИЙ КРАЙ: АДМИНИСТРАТИВНО -ТЕРРИТОРИАЛЬНОЕ ДЕЛЕНИЕ" (PDF). sobranie.info (en ruso). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de xaneiro de 2022. Consultado o 10 de xaneiro de 2022. Arquivado 31 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine.
- ↑ "Глава ЗАТО г.Железногорск". admk26.ru (en ruso). Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Ceremony marks end of a nuclear era" (en inglés). 16 de abril de 2010. Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial (en ruso).