ZbMATH Open
zbMATH Open, anteriormente Zentralblatt MATH, é un importante servizo de revisión que ofrece recensións e resumos de artigos de matemática pura e aplicada, producido pola oficina de Berlín da FIZ Karlsruhe - Leibniz Institute for Information Infrastructure GmbH. Os editores son a Sociedade Matemática Europea, a FIZ Karlsruhe e a Academia de Ciencias de Heidelberg. A zbMATH está distribuída por Springer Science+Business Media. Utiliza os códigos Mathematics Subject Classification (Clasificación de materias de Matemáticas) para organizar as revisións por temas.
ZbMATH Open | |
---|---|
![]() | |
País | Alemaña |
Lingua | lingua inglesa, lingua francesa e varios idiomas |
Fundación | 1931 |
Fundador | Otto Neugebauer |
Editorial | FIZ Karlsruhe |
Circulación | |
ISSN | 0044-4235 |
Na rede | |
https://www.zbmath.org | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarOs matemáticos Richard Courant, Otto Neugebauer e Harald Bohr, xunto co editor Ferdinand Springer, tomaron a iniciativa dunha nova revista de revisión matemática. O mérito deste logro débese especialmente a Richard Courant, quen convenceu á Fundación Rockefeller de doar unha gran cantidade de diñeiro para a construción dun edificio para unha biblioteca matemática.[1]
O servizo foi fundado en 1931 por Otto Neugebauer como Zentralblatt für Mathematik und ihre Grenzgebiete. Contiña os datos bibliográficos de todos os artigos e libros matemáticos publicados recentemente, xunto con revisións por pares feitas por matemáticos de todo o mundo. No prefacio do primeiro volume, as intencións de Zentralblatt están formuladas do seguinte xeito:[2]
Zentralblatt für Mathematik und ihre Grenzgebiete ten como obxectivo publicar, de forma eficiente e fiable, recensións de toda a literatura mundial en matemáticas e áreas relacionadas en números que aparecen inicialmente mensualmente. Como o seu nome indica, o foco principal da revista son as matemáticas. Porén, aquelas áreas que están estreitamente relacionadas coas matemáticas serán tratadas tan seriamente como as chamadas matemáticas puras.
O formato electrónico proporcionouse baixo o nome INKA-MATH (acrónimo de In formation System Karlsruhe-Database on Mathematics) desde polo menos 1980. O nome foi máis tarde acurtado a Zentralblatt MATH.
A maiores da edición impresa, os servizos ofrecíanse en liña baixo o nome zbMATH desde 1996. Desde 2004 incorporáronse números máis antigos ata 1826.
O número impreso foi parado en 2013. Desde xaneiro de 2021, o acceso á base de datos agora é aberto baixo o nome zbMATH Open.[3][4]
Jahrbuch über die Fortschritte der Mathematik
editarO Jahrbuch über die Fortschritte der Mathematik (Anuario sobre o Progreso das Matemáticas) foi a primeira revista global de resumos da historia das matemáticas. Contén información sobre case todas as publicacións máis importantes en matemáticas e as súas áreas de aplicación dende o período 1868 ata 1942. O Jahrbuch foi escrito en 1868 polos matemáticos Carl Ohrtmann (1839–1885) e Felix Müller (1843–1928).
Servizos
editarO servizo de resumos Zentralblatt MATH ofrece resencións (breves relatos de contidos) de artigos actuais, traballos en congresos, libros e outras publicacións en matemáticas, as súas aplicacións e áreas relacionadas. As críticas están predominantemente en inglés, con entradas ocasionais en alemán e francés. Os revisores son voluntarios invitados polos editores en función do seu traballo publicado ou dunha recomendación dun revisor existente.
Zentralblatt MATH ofrécese tanto na web como en formato impreso. O servizo revisa máis de 2.300 revistas en todo o mundo, así como libros e actas de congresos. Zentralblatt MATH está agora editado pola European Mathematical Society, FIZ Karlsruhe e a Academia de Ciencias de Heidelberg.
A partir de xaneiro de 2021, a base de datos completa é accesíbel de balde.[5] Anteriormente, só os tres primeiros rexistros dunha procura estaban dispoñíbeis sen subscrición.
Notas
editar- ↑ Schappacher, Norbert (1983). "Das Mathematische Institut der Universität Göttingen 1929–1950". En Sauer, K. G. Universität Göttingen unter dem Nationalsozialismus. München: Wecker, Dahms, Wegeler. pp. 523–551. ISBN 9783110976434.
- ↑ Neugebauer, Otto (1931). "Geleitwort". En Neugebauer, O.; et al. Zentralblatt für Mathematik und ihre Grenzgebiete. Springer-Verlag. p. 1.
- ↑ "zbMATH Open - the first resource for mathematics". zbmath.org. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2021. Consultado o 12 de xaneiro de 2022.
- ↑ "zbMATH Open - the first resource for mathematics". zbmath.org. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2021. Consultado o 12 de xaneiro de 2022.
- ↑ "About zbMATH". zbMATH. Consultado o 2 xaneiro 2021.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarWikidata ten a propiedade: P1556 (P894) (Ver os seus usos) |
- Sitio oficial
- Jahrbuch database Arquivado 23 de xullo de 2013 en Wayback Machine.