Zamalek
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
- Este artigo trata sobre o barrio do Cairo. Para o equipo de fútbol, véxase Zamalek Sporting Club.
Zamalek (en árabe exipcio, الزمالك, AFI: [ez.zæˈmæːlek]), termo que procede orixinariamente do turco üzümlük, que significa "viñedo)" é un acomodado barrio do oeste do Cairo, Exipto, que ocupa a parte norte da illa Gezira no río Nilo.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Exipto | ||||
Gobernación | Cairo (pt) | ||||
Subdivisións | West Area (en) | ||||
Sheyakha (en) | Gharb (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 16.534 (2006) | ||||
Xeografía | |||||
Altitude | 9 m | ||||
A illa está conectada coas ribeiras do río mediante tres pontes en cada un dos lados leste e oeste da illa, entre os que se encntran a Ponte Qasr al-Nil e a Ponte do 6 de Outubro, e tivo varias fases de crecemento poboacional debidas a eventos económicos e políticos, o que conduciu ao aumento da densidade de poboación nalgunhas partes da illa e a grandes reducións das zonas verdes do barrio de Zamalek, aínda que se conserva un gran cinto verde no centro da illa que divide os duos barrios.
Descrición
editarXunto con Maadi, Mohandessin, Heliópolis e Garden City, Zamalek é un dos barrios residenciais acomodados da área metropolitana do Cairo. En Zamalek viven tamén moitos estranxeiros. Hai moitos apartamentos con escaso mantemento debido a que os seus propietarios rara vez fan melloras; tamén hai programas de control de rendas de aluguer que permiten que algúns complexos residenciais de Zamalek alberguen a exipcios con ingresos baixos e medios.[1]
As rúas tranquilas e arboradas e os bloques de apartamentos e vilas do século XIX fano unha das zonas máis atractivas da cidade e unha zona residencial privilexiada para moitos expatriados europeos no Cairo. Tamén é un barrio que contén moitos restaurantes, bares e cafetarías elegantes, incluídos ahwas tradicionais ao aire libre e bares europeos. A zona da illa Gezira tamén é activa culturalmente: contén galerías de arte e museos, incluído o Museo de Cerámica Islámica, e dúas das salas de concertos e artes escénicas máis importantes do Cairo, a espaciosa Ópera de El Cairo e o El Sawy Culturewheel Centre.
Historia
editarBaixo o mandato de Ismail Paxá (1863 - 1879) a illa chamábase Jardin des Plantes (Xardín das Plantas) debido á súa gran colección de plantas exóticas procedentes de todo o mundo. O deseñador paisaxista francés De la Chevalerie deseñou o paisaxismo da illa, con xardíns e viveiros. Na ribeira leste construíu un quiosco para atender á illa e supervisar o seu desenvolvemento.
O quiosco foi substituído en 1869 polo Palacio de Gezirah, unha mansión de verán con forma de "U" deseñada por Julius Franz Paxá e decorada por Karl Von Diebitsch. O palacio foi construído para os hóspedes que asistiron á inauguración do Canal de Suez en 1869. O emperador Francisco Xosé I de Austria e a emperatriz Eugenia de Montijo foron algúns dos hóspedes do palacio. Na actualidade, o Palacio de Gezirah é a parte central do Hotel Marriott O Cairo, cuxa azotea ten un teatro ao aire libre fronte ao Nilo.
Tamén se construíron outros palacios en Zamalek, incluído o palacio do príncipe Sa'id Toussoun, que actualmente contén oficinas do Consello de Ministros de Exipto, e o palacio do príncipe Amr Ibrahim (1924), que alberga actualmente o Museo de Cerámica Islámica.[2][3]
En 1882 construíuse o Gezira Sporting Club na zona sur da illa.[4] Posteriormente, o capitán británico Stanley Flower construíu en Zamalek un xardín acuático coñecido como Grotto Garden, que contaba cunha destácabel colección de peixes africanos.
Varios personaxes notábeis exipcios viviron en Zamalek, incluída a "Señora da Canción Árabe", Umm Kalzum.[5] Así mesmo é a localidae natal da famosa escritora e antropóloga cultural británica, de orixe sefardí, Claudia Roden.[6][7]
Lugares de interese
editar- Gezira Sporting Club (1882), o club máis antigo de Exipto.[4]
- Torre do Cairo (1960), a construción de formigón máis alta de Exipto, construída cerca do Gezira Sporting Club.[8]
- Ópera do Cairo (1988), construída cerca da Torre do Cairo, e unha das mellores salas de concertos de Oriente Próximo.[9]
- O Sawy Culture Wheel Centre (2003), situado debaixo da Ponte do 15 de Maio, un dos centros culturais máis importantes de Exipto.[10]
- Museo de Cerámica Islámica.[11]
- Facultade de Belas Artes (1908).
- Catedral de Todos os Santos (1988).
Notas
editar- ↑ Hessler, Peter (13 de outubro de 2014). "Tales of the Trash". The New Yorker (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 4 de agosto de 2015. Consultado o 6 de xaneiro de 2012.
- ↑ Dunn, Jimmy. "The Island of Zamalek in Cairo". touregypt.net (en inglés). Consultado o 6 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Egypt: Ceramics Museum (1924)" (en inglés). touregypt.net. Consultado o 6 de xaneiro de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 Raafat, Samir (17 de febreiro de 1996). "Gezira Sporting Club milestones". egy.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2008. Consultado o 6 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Umm Kalthoum". touregypt.net. Consultado o 6 dexaneiro de 2021.
- ↑ "Claudia Roden | Jewish Women's Archive". Jwa.org. 2009-03-20. Consultado o 5 de xaneiro de 2021.
- ↑ Rachel Cooke (2012-03-18). "Claudia Roden: interview | Life and style | The Observer". London: Guardian. Consultado o 5 de xaneiro de 2012.
- ↑ Raafat, Samir (16 de agosto de 1997). "The Cairo Tower". egy.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2008. Consultado o 6 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Egypt hosts London's Royal Philharmonic Orchestra". travelvideo.tv (en inglés). 1 de febreiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2007. Consultado o 6 de xaneiro de 2021. Arquivado 31 de decembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ "Th Sawy Culturewheel in Egypt: From a place for beggars to a resort for intellectuals" (en árabe). CNN. 17 de marzo de 2009. Consultado o 6 de xaneiro de 2021.
- ↑ "The Museums of Islamic Art and Islamic Ceramics" (en inglés). Egyptian Monuments. Consultado o 6 de xaneiro de de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zamalek |