Zahara de los Atunes
Zahara de los Atunes é unha entidade local autónoma pertencente ao concello español de Barbate, na provincia de Cádiz, Andalucía. Tiña en 2014 unha poboación de 1.115 habitantes.
A localidade está situada ao sur da provincia de Cádiz, ao pé da Serra do Retín, na beira do río Cachón. Atópase na costa do océano Atlántico, entre Tarifa, ao sur, e Barbate, ao norte.
Constitúe un dos tramos con maior lonxitude libre da presión urbanística das costas andaluzas, debido á ocupación de parte da franxa costeira polas proteccións ambientais e á incidencia dos fortes ventos de levante, que finalmente, resultaron factores limitantes ao desenvolvemento.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zahara de los Atunes |
- Sitio web oficial Arquivado 05 de agosto de 2016 en Wayback Machine.