Zacky Vengeance
Zackary James Baker, tamén coñecido como Zacky Vengeance nos escenarios, nado o 11 de decembro de 1981 en Olympia (Washington), é o guitarrista rítmico da banda estadounidense Avenged Sevenfold.
![]() (2007) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Zachary James Baker ![]() 11 de decembro de 1981 ![]() Huntington Beach, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, músico ![]() |
Período de actividade | 1999 ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Heavy metal ![]() |
Instrumento | Guitarra ![]() |
Selo discográfico | Warner Bros. Records ![]() |
Sitio web | vengenz.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Biografía e vida persoal
editarZackary James Baker naceu o 11 de decembro de 1981 en Olympia (Washington), trasladándose despois a California. Os seus pais chámanse Jim e Maria Baker, ten un irmán chamado Matt e unha irmá chamada Zina. O 9 de xullo de 2011 casou con Gena Paulhus.
Comezou a aprender a tocar a guitarra aos trece anos de maneira autodidacta e utilizando unha guitarra que lle regalaran os seus pais, que era para destros (sendo el zurdo). Estudou en Huntington Beach High School, onde coñeceu a M. Shadows co cal formaría o grupo de metal Avenged Sevenfold. Estando no instituto xogaba ao béisbol e quería ser xogador profesional, mais finalmente decidiuse pola música.
Ten dous cans chamados Ichabod Vengeance e Majesty. Ten múltiples tatuaxes no seu corpo, destacando nas costas a palabra Vengeance e o número 7, e no pescozo "forever" como recordo do seu amigo falecido The Rev.
Posúe unha liña de roupa chamada "Vengeance University". Os seus deseños caracterízanse por levar a marca VU e 6661. O número 6661 é o ano no que a banda (Avenged Sevenfold) foi formada (1999) dado a volta.
O seu nome Zacky Vengeance é adicado como vinganza a tódalas persoas que nos comezos non confiaban nel e crían que non triunfaría. Foi o que tivo a idea da sigla "A7X" para Avenged Sevenfold.
Carreira musical
editarCando tiña 13 anos comezou a aprender a tocar a guitarra de maneira autodidacta, vendo ás súas bandas favoritas e lendo a revista Guitar World. Nun principio formou parte dunha banda de punk chamada "MPA" (Mad Porno Action), mais deuse conta de que non tería éxito e formou a banda de metal Avenged Sevenfold xunto a M. Shadows e The Rev aos cales coñecía do instituto de Huntington Beach. As súas influencias son Rancid, Misfits e Bad Religion; e entre as súas bandas favoritas están Metallica e Guns N' Roses.
O 20 de abril de 2011 gañou o premio de Revolver Golden por Mellor Guitarrista xunto co seu compañeiro Synyster Gates.
Equipamento
editarEstá patrocinado por Schecter Guitar Research desde 2004 e ten varios modelos exclusivos S-1 personalizados e deseñados por el. E os amplificadores que utiliza son Marshall.
Das guitarras utilizadas destacan:
- The Vengeance Standard model
- Schecter S-1
- The ZV Blade(2009 )
- The ZV special con FR (como se pode ver nas escenas Live in the LBC DVD)
- The ZV "Gynecologist" (con pingas de sangue).
- Schecter Vengeance 6661 2011 model prototype