Yvan Kyrla
Yvan Kyrla (en mari Йыван Кырлa), nado o 17 de marzo de 1909 en Kupsola e finado o 3 de xullo de 1943 nun gulag do distrito de Sverdlovsk, foi un poeta e actor mari. Célebre polo papel de Mustafá no filme de 1931 Путёвка в жизнь de Nikolai Ekk [1].
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de marzo de 1909 ![]() Q4247618 ![]() ![]() |
Morte | 3 de xuño de 1943 ![]() Krasnoturyinsk, Rusia (pt) ![]() ![]() |
Educación | Escola de Teatro de Arte de Moscou (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poeta, actor ![]() |
Período de actividade | 1931 ![]() ![]() |
Pseudónimo literario | Йыван Кырла ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarRealizou os seus estudos primarios na localidade de Marisola e os secundarios en Sernur. A partir de 1926 estudou no departamento mari da Universidade de Kazán, onde tivo unha activa participación en actividades culturais, dende a literatura ao teatro pasando polo cinema, pero en especial interesouse polas obras de poetas novos como Sergei Esenin, Vladimir Maiakovski, Aleksandr Bezimenski ou Mikhail Arkadyevich Svetlov. En 1929 entrou na Escola de Cinematografía de Moscova e alí seleccionárono para participar no primeiro filme sonoro soviético, e en paralelo aos seus estudos participou na rodaxe, que durou dous anos, do filme como un dos seus protagonistas. Tras graduarse traballou entre 1934 e 1936 nos estudos Vostokfilm e participou no filme Наместник Будды de Evgeni Ivanov-Barkov rodado en Mongolia. En 1937 Kyrla estableceuse en Iochkar-Ola, e entrou grupo de teatro dramático dos maris, e foi un dos representantes da República dos Maris no Soviet Supremo da Unión Soviética. Os seus poemas publicáronse na década de 1930 na revista de Moscova en lingua mari, Mari yal e publicou tres coleccións de poesía, Me ударне улына en 1931, Революцийын йÿкшö дене муралтем мый йывыртен en 1932 e Шочмо кече en 1935. Entrou na Escritores Soviéticos en 1937.
Tras unha discusión cunha persoa de nome Nikolai Gorokhov, o 18 de abril de 1937, nun restaurante dun hotel de Iochkar-Ola, arrestárono acusado de proferir frases de carácter nacionalista. Condenado a dez anos en campos de traballo[2] non se soubo máis del, así e todo segundo rexistros oficiais morreu en xullo de 1943[3]. Rehabilitouse a título póstumo en 1956.