Yosyf Sembratovych
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Yosyf Sembratovych (en ucraíno: Йосиф Сембратович, en polaco: Josyf Sembratowycz), nado o 8 de novembro de 1821 en Krynica (entón parte do Reino de Galicia e Lodomeria, actual Polonia) e finado o 23 de outubro de 1900 en Roma, foi metropolita de Lviv e primado da Igrexa Católica Bizantina Ucraína entre 1870 e 1882.
Traxectoria
editarO 7 de outubro de 1845 foi ordenado sacerdote.
O 24 de marzo de 1865 foi nomeado bispo titular de Nazianzus. Recibiu a consagración episcopal o 11 de xuño de mans do metropolita de Lviv Spyrydon Lytvynovych.
O 18 de maio de 1870 foi elixido para dirixir a Igrexa Católica Bizantina Ucraína como metropolita de Lviv. Renunciou ao cargo en novembro de 1882, residindo en Roma posteriormente, onde finou o 23 de outubro de 1900.