Yosefu Asajirō Satowaki
Yosefu Asajirō Satowaki (里脇 浅次郎, Satowaki Asajirō), nado o 1 de febreiro de 1904 en Shittsu, Xapón, e finado o 8 de agosto de 1996 en Nagasaki, foi un bispo xaponés da Igrexa Católica. Foi como arcebispo de Nagasaki entre 1968 e 1990, e foi creado cardeal polo papa Xoán Paulo II en 1979.
Nome orixinal | (ja) 里脇 浅次郎 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de febreiro de 1904 Prefectura de Nagasaki, Xapón |
Morte | 8 de agosto de 1996 (92 anos) Nagasaki, Xapón |
Cardeal | |
30 de xuño de 1979 – 8 de agosto de 1996 (morte) | |
Arcebispo de Nagasaki | |
19 de decembro de 1968 – 8 de febreiro de 1990 ← Paul Aijirō Yamaguchi (en) – Francis Xavier Kaname Shimamoto (en) → | |
Bispo diocesano | |
25 de febreiro de 1955 – 19 de decembro de 1968 ← Paul Aijirō Yamaguchi (en) – Paul Shin'ichi Itonaga (en) → Diocese: diocese católica latina de Kagoshima | |
Administrador apostólico | |
20 de marzo de 1941 – 5 de marzo de 1948 Diocese: diocese católica latina de Kaohsiung | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica latina |
Educación | Universidade Católica de América Pontificia Universidade Urbaniana |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1955–1996), sacerdote católico (1932–1996) |
Consagración | Maximilien de Fürstenberg (pt) |
Traxectoria
editarSatowaki naceu en Shittsu, localidade da prefectura de Nagasaki, e estudou no seminario de Nagasaki, na Pontificia Universidade Urbaniana en Roma e na Universidade Católica de América de Washington, D.C. Cando era seminarista en Roma, foi quen convidou ao frade franciscano conventual polonés Maximiliano Kolbe a ir ao Xapón como misioneiro. Foi ordenado sacerdote o 17 de decembro de 1932,[1] e estivo destinado na arquidiocese de Nagasaki. Foi tamén administrador apostólico de Taiwán entre 1941 e 1945,[1] e reitor do seminario de Nagasaki entre 1945 e 1947.[1]
O 25 de febreiro de 1955, foi nomeado bispo de Kagoshima por Pío XII, e recibiu a consagración episcopal o seguinte 3 de maio por mans do arcebispo Maximilien de Fürstenberg. Participou no Concilio Vaticano Segundo, e posteriormente foi nomeado arcebispo de Nagasaki en 1968.
O papa Xoán Paulo II creouno cardeal co título de Cardeal-Presbítero de Santa Maria della Pace no consistorio do 30 de xuño de 1979.
Satowaki finou en Nagasaki en 1996, aos 92 anos.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Felician A. Foy, Rose M. Avato (1994). Our Sunday Visitor, ed. Catholic Almanac. p. 164. ISBN 9780879732721.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Pauro Aijirō Yamaguchi |
Bispo de Kagoshima 1955 - 1968 |
Sucesor: Pauro Shin'ichi Itonaga |
Predecesor: Pauro Aijirō Yamaguchi |
Arcebispo de Nagasaki 1968 - 1990 |
Sucesor: Furanshisuko Zabieru Kaname Shimamoto |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |