Jazafat Bulhak

(Redirección desde «Yosafat Bulhak»)

Jazafat Bulhak (en belaruso: Язафат Булгак; en ucraíno: Йосафат Булгак, tr."Yosafat Bulhak"; en polaco: Jozafat Bułhak), nado como Ihnaci (en belaruso: Ігнаці) o 20 de marzo de 1758 en Belarús, e finado o 25 de febreiro de 1838 en San Petersburgo, foi un eclesiástico grecocatólico belaruso, metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus dende 1818 até o seu pasamento.

Modelo:BiografíaJazafat Bulhak

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de abril de 1758 Editar o valor en Wikidata
Voivodato de Brest, Gran Ducado de Lituania Editar o valor en Wikidata
Morte23 de febreiro de 1838 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
San Petersburgo, Rusia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturamosteiro costeiro de San Serxio Editar o valor en Wikidata
Arcebispo católico
14 de abril de 1833 –
← Yakiv Martushevych
Bispo diocesano
1828 –
Arcebispo católico
22 de setembro de 1818 –
← Ryhor Kachanovič
Bispo diocesano
1818 –
← Ryhor Kachanovič
Bispo diocesano
12 de outubro de 1798 –
Bispo diocesano
1 de setembro de 1793 – 1795
← Joachim Horbacki
Metropolitano de Kíiv
Arcebispo de Polack
Bispo de Pinsk e Turov
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica e Metrópole de Kíiv, Galicia e toda a Rus Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1790–), sacerdote católico (1785–) Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónTeodosii Rostocki Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Bułhak Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Biográfico Ruso
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Ihnaci Bulhak naceu o 20 de marzo de 1758 no condado de Slonim, no Gran Ducado de Lituania (hoxe distrito de Slonim, rexión de Hrodna, Belarús), nunha familia nobre.[1] Entrou nos basilianos, e a partir de 1783 estudou en Roma, doutorándose en Teoloxía e Dereito canónico en 1785.[1][2]

O 27 de marzo de 1785 foi ordenado sacerdote da Orde de San Basilio Magno.[1][2] Á súa volta, foi predicador no mosteiro basiliano de Vilnius.[2] En 1786 o bispo Joachim Horbacki solicitou que fose nomeado coadxutor con dereito de sucesión.[2] O 24 de abril de 1787 foi nomeado bispo coadxutor de Pinsk e Turaŭ.[1] Recibiu a consagración episcopal o 26 de setembro de 1790 en Varsovia, de mans do metropolita de Kíiv Teodosii Rostotskyi.[2] O 12 de outubro de 1798 foi nomeado bispo de Volodymyr e Brest.[1]

O 22 de setembro de 1818 foi nomeado metropolita de Kíiv, dirixindo a Igrexa grecocatólica nos territorios baixo dominio ruso.[1] En 1827 Iosif Semashko preparou un memorial con propostas para integrar de xeito gradual aos greco-católicos na Igrexa ortodoxa, e ditas medidas foron aprobadas polo emperador Nicolao I.[1] En 1833, logo do pasamento de Yakiv Martushevych, o 17 de abril Bulhak foi nomeado arcebispo de Polack e Viciebsk.[1]

O 25 de maio de 1835 foi estabelecido o Comité Segredo para os Asuntos Uniatas polo ministro de interior Dmitrii Bludov, composto por políticos, bispos ortodoxos, e os propios Bulhak e Semashko, aínda que o primeiro non tivo participación nel.[1] O Comité aprobou medidas adicionais para a integración forzosa dos greco-católicos na Igrexa ortodoxa, como o ensino do catecismo ortodoxo nos seminarios greco-católicos e a subordinación dos seminarios á Comisión de Escolas Teolóxicas do Sínodo da Igrexa ortodoxa rusa.[1]

Finou o 23 de febreiro de 1838 en San Petersburgo.[1] O 3 de marzo de 1838 Semashko asumiu o goberno dos greco-católicos, que foron finalmente integrados na ortodoxia no sínodo de Polack de 1839.

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 Петрушко, В. И. (2002). "БУЛГАК, Игнатий [в монашестве Иосафат]". Православная энциклопедия 6. Moscova: Церковно-научный центр «Православная энциклопедия». pp. 336–337. ISBN 9785895720103. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Falkowski, Czesław (1937). "Bułhak Ignacy Jozafat". Polski Słownik Biograficzny 3. Cracovia. pp. 127–129. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Hryhorii Kokhanovych
 Metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus 
1818 - 1838
Sucesor:
Liubomyr Huzar
(1995, exarca arquiepiscopal)
Predecesor:
Yakiv Martushevych
 Arcebispo de Polack e Viciebsk 
1833 - 1838
Sucesor:
(supresión da sé)