Yeardley Smith
Yeardley Smith, nada en París o 3 de xullo de 1964, é unha actriz estadounidense.
![]() (2012) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xullo de 1964 ![]() París, Francia ![]() |
Educación | Maret School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de televisión, actriz de cinema, guionista, actriz de dobraxe, creadora de podcast ![]() |
Período de actividade | 1982 ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
Sitio web | yeardleysmith.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/1/1c/Yeardleysmithcomiccon.jpg/220px-Yeardleysmithcomiccon.jpg)
Traxectoria
editarFilla de pais estadounidenses, mudou a súa residencia en 1966. Estudou teatro e converteuse nunha actriz profesional en 1982. En 1984 residía en Nova York e actuaba na produción de Broadway The Real Thing. O seu primeiro filme foi Heaven Help Us (1985), seguido de The Legend of Billie Jean (1985) e Maximum Overdrive (1986). Trasladouse aos Ánxeles realizando un papel recorrente na serie Brothers (1986-1989). En 1987 presentouse a un casting para unha serie de curtas sobre unha familia disfuncional en The Tracey Ullman Show, pensando no papel de Bart Simpson, pero o director de casting pensou que a súa voz se adaptaba mellor ao personaxe de Lisa Simpson, deulle voz durante tres tempadas en The Tracey Ullman Show, e a partir de 1989 na serie The Simpsons, polo seu traballo recibiu un Emmy.
Asemade de The Simpsons, Smith actuou na comedia de situación Herman's Head (1991-1994) facendo o personaxe de Louise, e tivo papeis recorrentes como Marlene en Dharma & Greg, e Penny en dous episodios de Dead Like Me. Pero tamén seguiu a actuar en filmes, como Just Write (1997) ou As Good as It Gets (1997). No ano 2004 interpretou o monólogo More no Union Square Theatre de Nova York.