Xurxo Mariño
Xurxo Mariño Alfonso, nado en Lugo o 21 de abril de 1969, é biólogo, doutor en Ciencias Biolóxicas con especialización en neurofisioloxía pola Universidade de Santiago, profesor na Universidade da Coruña, escritor e divulgador científico en España.[1]
![]() (2019) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de abril de 1969 ![]() Lugo, España ![]() |
Residencia | Santiago de Compostela ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | divulgador científico ![]() |
Empregador | Universidade da Coruña ![]() |
Premios | |
| |
Sitio web | pdi.udc.es… ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Formación académica
editarXurxo Mariño desenvolveu o seu posdoutorado no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), en onde foi colaborador. Realizou traballos de investigación en entomoloxía, pero ao final decantouse por especializarse en neurofisioloxía, a cal lle levou a facer o doutoramento. Despois da realización de dito posdoutorado, é profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña, especializado na área de fisioloxía humana.
No que atinxe á súa investigación en neurobioloxía, centrou os seus estudos na análise de distintas propiedades biofísicas e dos circuítos neuronais e mecanismos sinápticos e vías sensoriais na zona do tálamo, así como distintos tipos de neuronas que poidan implicarse no control motor da percepción visual e somatosensorial e a regulación nos niveis de actividade durante o sono-vixilia[1].
Dedícase á investigación de distintos aspectos do cerebro e do sistema nervioso.
Vida persoal
editarAdemais de ser investigador e docente, é autor do blog Culturacientífica.org [2] e realiza o labor de divulgación científica a través de café-teatro- científicos (actividades de carácter divulgativo que leva á ciencia ser aplicada nos bares) que se vinculan co grupo Neurocom, diversos discurshows (actividades que mesturan a charla e o teatro), conferencias [3] e deu diversas entrevistas reflectidas en páxinas web e xornais de tanto de carácter científico como non-científico, como por exemplo en GCiencia, xornal Público e na Asociación Española de Comunicación Científica, entre outros, onde relaciona cuestións científicas e mais as súas obras con diversas temáticas e as súas experiencias coa pretensión de fomentar a divulgación científica.
É membro da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega, do grupo de investigación Neurocom [4] e doutras sociedades de corte científica tanto a nivel de España como internacional.
Creou un software que trata sobre a estimulación, rexistro e análise electrofisiolóxicas[1].
A súa pretensión na divulgación de coñecemento científico, pretende ademais de aplicar a ciencia a diversos temas, a interacción co campo das humanidades.
Colabora co portal de Culturagalega.org na sección de ADN e co portal Naukas.com.
Premios
editar- En 2011, obtivo o Premio Especial do Xurado do Primeiro Certame FECYT de Comunicación Científica [2].
- En 2014, recibiu o Premio Tesla de Divulgación [4].
- En 2017, o Premio Lois Peñanovo .[4]
- En 2018, recibiu, co seu libro Terra, o Premio Gala do Libro Galego-Mención Honorífica do XXIX Premio Prismas Casa das Ciencias á Divulgación [5].
- 2021: Premio Follas Novas do Libro Galego[6] por Unha mente que voa.
Relevancia e presenza nos medios
editarOrganiza monólogos a modo de reflexión no espazo de ciencia e tecnoloxía no canal da TVG, no programa Conexións.
Obra
editar- Os dados do reloxeiro. Ciencia amena para mentes inquietas (2005). Consello da Cultura Galega. Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade
- Po de estrellas, Novas receitas científicas de os dados do reloxeiro (2008). Consello da Cultura Galega. Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade.
- Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo ( 2017). Xerais. Traducido ao castelán polo propio autor.[7]
- Neurociencia para Julia (2013). Laetoli.
- Unha mente que voa. Unha mirada á evolución da linguaxe (2020). Xerais. 128 páxs. ISBN 978-84-9121-761-9.[8][9]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Xurxo Mariño Alfonso". biometria.sgapeio.es. Consultado o 2019-04-07.
- ↑ 2,0 2,1 "Xurxo Mariño". www.nextdoorpublishers.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-07.
- ↑ Mariño, Xurxo. "Xurxo Mariño". Naukas (en castelán). Consultado o 2019-04-07.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Xurxo Mariño, uno de los divulgadores científicos más prestigiosos de España, presenta su libro Tierra este viernes a las 19 horas en el Paraninfo". www.unizar.es. Consultado o 2019-04-07.
- ↑ "Ficha de libro | Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-04-07.
- ↑ "Gañadoras da sexta edición dos premios Follas Novas do Libro Galego 2021". Asociación Galega de EDITORAS. 2021-05-15. Consultado o 2021-05-16.
- ↑ "Tierra". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-01.
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-11-12.
- ↑ López Ares, Xosé (Abril, maio, xuño 2021). "O ser humano, animal lingüístico". Grial LIX (230): 101–102. ISSN 0017-4181.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Xurxo Mariño Alfonso". biometria.sgapeio.es. Consultado o 2019-04-07.
- "Xurxo Mariño". www.nextdoorpublishers.com (en castelán). Consultado o 2019-04-07.
- Mariño, Xurxo. "Xurxo Mariño". Naukas (en castelán). Consultado o 2019-04-07.
- "Xurxo Mariño, un dos divulgadores científicos máis prestixiosos de España, presenta o seu libro Tierra este venres ás 19 horas no Paraninfo". www.unizar.es. Consultado o 2019-04-07. (en castelán)
- "Ficha de libro | Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-04-07.