Xosé Ballesteros
editor e escritor galego
Xosé Ballesteros Rei, nado en Vigo o 14 de marzo de 1956, é un escritor e editor galego. Dende maio de 2016 é o presidente da Asociación Galega de Editores[1].
![]() (2018) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de marzo de 1956 ![]() Vigo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, editor ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarÉ un dos fundadores e director da editorial Kalandraka. Imparte obradoiros de escrita creativa para docentes, escolares e afeccionados á literatura.
Obra
editarLiteratura infanto-xuvenil
editar- A Historia, 1996, Xerais.
- A néboa escura, 1996, Xerais.
- O coelliño branco, 1998, Kalandraka. Adaptación sobre un conto popular portugués.
- Os sete cabritos, 1998, Kalandraka. Adaptación sobre o conto dos irmáns Grimm.
- Os tres porquiños, 1998, Kalandraka. Adaptación sobre o conto popular inglés.
- O gato con botas, 1999, Kalandraka. Adaptación sobre o conto de Charles Perrault.
- Tío Lobo, 2000, Kalandraka. Adaptación sobre o conto popular.
- O traxe novo do rei, 2000, Kalandraka. Adaptación sobre o conto de Hans Christian Andersen.
- Poucapalla, 2001, Kalandraka. Adaptación sobre un conto popular.
- O frautista de Hamelín, 2002, Kalandraka. Adaptación sobre o conto popular.
- Os tres osos, 1998, Kalandraka. Adaptación de Xosé Ballesteros a partir do texto de Southey.
- Imaxina animais, 2008, Kalandraka.
- As pescadoras, 2017, por Nadia Menotti, Kalandraka. Adaptación do texto de Xosé Ballesteros[2].
Narrativa
editarTraducións
editar- Un, dous, tres, que ves?, 2005, Faktoría K.
- Catarina, o Oso e Pedro, de Christiane Pieper, 2007, Kalandraka. Con Marc Taeger.
- A coelliña Marcela, 2011, Kalandraka.
- Almanaque musical, 2012, Kalandraka.
- O baile diminuto, de María José Ferrada, 2012, Kalandraka.
- Un cadro de Van Gogh, de Claire d'Harcourt, 2013, Faktoría K.
- Manual do bo paseante, de Raimon Juventeny, 2014, Faktoría K.
- Tanto Como, de Eugénio Roda, 2014, Faktoría K.
- A avoa adormecida, de Roberto Parmeggiani, 2014, Kalandraka.
- Se che pica un mosquito, de Jordi Gastò, 2020, Kalandraka.[3]
Obras colectivas
editar- "A raia de xiz" en Contos eróticos. Eles, 1990, Xerais.
- Unha liña no ceo, 1996, Xerais.
- Mini-relatos, 1999, Librería Cartabón.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- De cando a primavera cría que era inverno, 2008, Xunta de Galicia.
Premios
editar- Premio Manuel García Barros en 1993, por Talego.
Notas
editar- ↑ Xosé Ballesteros, novo presidente da AGE Arquivado 24 de maio de 2016 en Wayback Machine., entrevista en Sermos Galiza o 21 de maio de 2016.
- ↑ Ficha do libro Arquivado 08 de marzo de 2018 en Wayback Machine. na páxina web da editorial.
- ↑ Ficha da obra Arquivado 05 de xuño de 2020 en Wayback Machine. na web da editorial.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- «Ballesteros Rei, Xosé Antonio» en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
- «Ballesteros Rei, Xosé Antón» en Dicionario biográfico de Galicia, t. 1, p. 85.