Xosé

nome masculino

Xosé[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o hebro yôsef (יוסף) «anada», do verbo lehosif (להוסיף) «engadir» «(Deus) engadirá» ("Deus dará").

Xosé, fillo de Xacobe, obra de Peter von Cornelius.

En xaneiro de 2023 existían 455 varóns en Galicia co nome Xosé, cunha media de idade de 40,7 anos.[3]

Etimoloxía

editar

A explicación do significado deste nome que acha no Antigo Testamento, no libro da Xénese é a seguinte:

Logo lembrouse Deus de Raquel. Deus ouviuna e abriu o seu seo, e ela concibiu e deu a luz un fillo. E dixo: «Tirou Deus a miña afronta.» E chamouno Xosé, como dicindo: «Engádeme Xehová outro fillo.»"
Xénese 30,22-24.

Variantes do nome

editar

En galego tamén ten os hipocorísticos Pepe, Pepiño, Piño, Pepín, Pepucho, Pucho, Pepaño, Xepe, Che, Cheíño, Chi, Chiño, Checé, Xexo, Xosín, Xosiño, Seso, Sesé, Se, Ieie ou Xe.[2]

11 parroquias teñen a San Xosé coma padrón (véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xosé).

A festividade de San Xosé é o 19 de marzo e o 1º de maio, San Xosé Obreiro, Día do Traballador.

Personaxes célebres

editar

Personaxes bíblicos

editar
 
En hebraica, "Yosef" (יוסף). Detalle de mosaico-mural israelita simbólico da Tribo Israelita de Xosé, cuxo símbolo é o trigo.[4]

Santos

editar

Nobres

editar

Variantes noutras linguas

editar
  1. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
  3. Nome Xosé na Web do Intituto Galego de Estatística
  4. Sinagoga de Givat Mordejai, Xerusalén.
  5. (it) Nome moi estendido polo sur de Italia: segundo unha estimación realizada no ano 2000 no século XX en Italia atopouso como o primeiro nome máis común. Nomes masculinos en Italia no Século XX

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar