Xogos da Lusofonía

Os Xogos da Lusofonía son un evento multideportivo entre países de lingua portuguesa, constituíndo unha especie de Xogos Olímpicos disputados entre os diversos países lusófonos.

Modelo:Competición deportivaXogos da Lusofonía
Imaxe
Tipoevento deportivo recorrente Editar o valor en Wikidata
OrganizadorAsociación dos Comités Olímpicos da Lingua Oficial Portuguesa Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísPortugal Editar o valor en Wikidata
Vixencia2006 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia4 Editar o valor en Wikidata

Competición

editar

"Unidos pelo desporto", este é o lema da Associação dos Comités Olímpicos de Língua Oficial Portuguesa (ACOLOP), que foi fundada o 8 de xuño de 2004, co obxectivo de integrar o mundo lusófono polo deporte e xa oficialmente recoñecida polo Comité Olímpico Internacional.

O portugués é o idioma oficial de Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Macau, Mozambique, Portugal, San Tomé e Príncipe, Timor-Leste e, dende 2007, Guinea Ecuatorial. Na actualidade, é a cuarta lingua materna máis falada do mundo, con cerca de 260 millóns de falantes nativos, estando case 5 millóns deles espallados por outros países do mundo (principalmente EUA, Canadá, Francia e o Reino Unido entre outros).

Os membros asociados da ACOLOP, Guinea Ecuatorial, India e Sri Lanka, países onde o portugués non é lingua oficial, foron convidados a participar nos Xogos da Lusofonía. A influencia do Imperio Portugués sobre os continentes africano, asiático e oceánico, durante a Era dos Descubrimentos, explica a perpetuación de variacións da lingua portuguesa nalgunhas rexións desas tres nacións.

A Galiza, terra onde se orixinou a lingua portuguesa e onde moitos filólogos afirman que o galego e o portugués e a mesma lingua, foi convidada varias veces a participar nos Xogos, ficando fóra dos mesmos por causa do desinterese mostrado polo goberno autonómico.[1]

Edicións

editar
Ano Xogos Sede País Data Maior medallista Desempeño do anfitrión
2006 I Macau   Macau (R.A.E. da R.P. da China) 7 de outubro - 15 de outubro   Brasil (29-19-9)   Macau: 6º (0-3-11)
2009 II Lisboa   Portugal 11 de xullo - 19 de xullo   Brasil (33-23-20)   Portugal: 2º (25-34-15)
2014 III Goa   India 18 de xaneiro - 29 de xaneiro   India: (37-27-28)   India: (37-27-28)
2017 IV Maputo   Mozambique evento cancelado evento cancelado
2021 V Luanda   Angola evento cancelado evento cancelado