Xoán de Aragón (arcebispo de Zaragoza, 1520-1530)
Xoán de Aragón, nado en Zaragoza contra 1492 e finado en Madrid o 25 de novembro de 1530, foi un relixioso español, que foi arcebispo de Zaragoza desde 1520 até 1530.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1491 ![]() Zaragoza, España ![]() |
Morte | 25 de novembro de 1530 ![]() Madrid, España ![]() |
![]() | |
28 de marzo de 1520 – 25 de novembro de 1530 ← Afonso de Aragón – Fradique de Portugal (pt) ![]() Diocese: Arquidiocese de Zaragoza ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico latino ![]() |
Familia | |
Pai | Afonso de Aragón ![]() |
Irmáns | Hernando de Aragón Juana de Aragón y Gurrea Ana de Aragón y Gurrea ![]() |
Parentes | Fernando II de Aragón, avó paterno ![]() |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/d/d6/Escudo_de_la_Archidi%C3%B3cesis_de_Zaragoza.svg/230px-Escudo_de_la_Archidi%C3%B3cesis_de_Zaragoza.svg.png)
Coñécese tamén como Xoán II de Aragón, xa que na arquidiocese cesaragustana houbo outro arcebispo anterior co mesmo nome, Xoán I de Aragón,[1] fillo ilexítimo de Xoán II de Aragón e duna dama da familia Avellaneda, que pontificou entre 1458 e 1475.[2]
Traxectoria
editarEra fillo de Afonso de Aragón (1470-1520), fillo natural de Fernando o Católico, que foi arcebispo de Valencia e de Zaragoza, e vicerrei do Reino de Aragón e, por tanto, neto daquel rei.[3] [4]
Xoán foi secretario do seu avó, o rei Católico, na última parte do reinado deste, entre 1510 e 1516.[Cómpre referencia]
En 1520, o rei Carlos I presentouno ao papa León X para que fose promovido ao arcebispado de Zaragoza, vacante tras a morte de seu pai Afonso, a pesar de que, tal como ocorrera no caso paterno, Xoán de Aragón só tomara as ordes de diácono. Despois da pertinente autorización do papa, tomou posesión da dignidade arcebispal o 10 de xuño dese mesmo ano.[4]
Na Corte arcebispal de Zaragoza, e baixo a protección de Xoán de Aragón, comezou a súa carreira eclesiástica e cortesá o seu sobriño, o futuro San Francisco de Borja.[3] [5]
O 23 de marzo de 1523 chegou de visita a Zaragoza o papa Hadrián VI, que permaneceu varios día aloxado no Palacio da Aljafería, e o arcebispo Xoán de Aragón agasallouno e organizou fastuosas festas durante a estancia do papa na capital aragonesa.[4]
A morte sorprendeuno en Madrid, onde se encontraba esperando instrucións do emperador, de quen foi un leal colaborador en materia de goberno e de relixión.[2]
O seu cadáver foi trasladado a Zaragoza, ao Mosteiro de Santa Engracia, para ser traladado e sepultado despois no presbiterio, diante do altar maior, da catedral de Zaragoza.[4]
Predecesor: Afonso de Aragón |
Arcebispo de Zaragoza 28 de marzo de 1520 - 25 de novembro de 1530 |
Sucesor: Fadrique de Portugal |
Notas
editar- ↑ Archidiócesis de Zaragoza. docesis-episcopologio Arquivado 02 de outubro de 2017 en Wayback Machine..
- ↑ 2,0 2,1 Aragón, Juan de (1429-1475) en mcnbiografias.com
- ↑ 3,0 3,1 Morales Roca, Francisco Javier (1999): Prelados, abades mitrados, dignidades capitulares y caballeros de las Órdenes Militares habilitados por el brazo eclesiástico en las Cortes del Principado de Cataluña. Dinastías de Trastámara y de Austria. Siglos XV y XVI (1410-1599). Tomo I. Madrid: Hidalguía. ISBN 84-8085-115-8, páx. 89.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Latassa & Uriel 1884, p. 119.
- ↑ Sebastián Lozano 2011.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Latassa, Félix e Gómez Uriel, Miguel (1884): Bibliotecas antigua y nueva de escritores aragoneses de Latassa aumentadas y refundidas en forma de Diccionario Bibliogáfico-Biográfico. Tomo I. Zaragoza: Imprenta de Calisto Ariño. Pax. 119
- Sebastián Lozano, Jorge (2011): "Francisco de Borja, de criado a maestro espiritual de las mujeres Habsburgo". En: San Francisco de Borja, Grande de España, Arte y espiritualidad en la cultura de los siglos XVI y XVII. ISBN 978-84-92542-35-2.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Arcebispos de Zaragoza Arquivado 02 de outubro de 2017 en Wayback Machine. na Gran Enciclopedia Aragonesa (en castelán).