Xoán III Ducas Vatatzés
Xoán III Ducas Vatatzés, nado en 1193 e finado o 3 de novembro de 1254, foi un emperador bizantino, no exilio no Imperio de Nicea, de 1222 a 1254.
Nome orixinal | (el) Ιωάννης Γ΄ Δούκας Βατάτζης |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1192 (Gregoriano) Didymoteicho, Grecia (pt) |
Morte | 3 de novembro de 1254 (61/62 anos) Kemalpaşa, Turquía (pt) |
Emperador bizantino | |
15 de decembro de 1221 – 3 de novembro de 1254 ← Teodoro I Láscaris – Teodoro II Láscaris → | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Enaltecemento | |
Familia | |
Familia | Dinastia dos Ducas (pt) |
Cónxuxe | Ana de Hohenstaufen (1241 (Gregoriano)–) Irene Lascarina |
Fillos | Teodoro II Láscaris () Irene Lascarina |
Pais | Basílio Vatatzes e NN Angelina |
Irmáns | Isaac Doukas Vatatzes |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarAínda que sufría epilepsia, logrou distinguirse tanto como soldado que en 1222 foi elixido para suceder ao seu sogro Teodoro I Láscaris. Casou coa filla de Láscaris, Irene Láscaris (Eirene Laskarina) en 1212. Tiveron un fillo, Teodoro, pero tras un accidente de cabalo de Irene, esta non puido volver ter fillos; entón, retirouse a un convento, tomando o nome de irmá Uxía, e alí morreu en 1239. Xoán volveu a casar con Constanza (Ana) de Sicilia, filla ilexítima de Frederico II Hohenstaufen, emperador do Sacro Imperio, pero non tiveron descendencia.
Reorganizou os restos do Imperio bizantino (Imperio de Nicea) e grazas ás súas capacidades administrativas, fixo del un dos estados máis ricos e fortes do Mediterráneo oriental. Tras asegurarse a fronteira oriental cun acordo cos turcos selxúcidas, dedicouse a intentar recuperar as posesións europeas dos seus predecesores. Mentres a súa frota atacaba aos latinos no mar Exeo e estendía o seu reino a Rodas, o seu exército, reforzado con mercenarios occidentais, derrotaba ás forzas do emperador latino.
Aínda que non tivo éxito no asedio de Constantinopla, que levou a cabo de común acordo cos búlgaros en 1235, logrou a supremacía sobre os despotados de Tesalónica e Epiro. A definitiva reconquista de Constantinopla, algúns anos despois da súa morte, débese en gran medida aos seus esforzos previos.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Teodoro I Láscaris |
Xoán III Ducas Vatatzés | Precede a: Teodoro II Láscaris |
Dinastía Láscaris |