Xoán Castaño Conde
Xoán Xosé Castaño Conde, nado en Catoira, é un político e mestre galego do BNG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX ![]() Catoira, España ![]() |
![]() | |
2023 – ← Alberto García García | |
![]() | |
2019 – maio de 2020 (dimisión) ← Alberto García García – Alberto García García → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político, mestre ![]() |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego ![]() |
Traxectoria
editarMestre. Nos anos 80 foi presidente da Sociedade de Caza e do Club Catoira[1]. Encabezou a candidatura do BNG nas eleccións municipais de 1987 e foi elixido concelleiro, manténdose na corporación ata a súa dimisión en maio de 1990[2]. Nas municipais de 2003 foi número 2 da candidatura do BNG e foi elixido concelleiro. Concorreu no posto número 5 en 2007 e 2011 sen resultar elixido, ata que trala dimisión dunha compañeira en abril de 2012 asumiu a acta de concelleiro, pasando a ser ademais portavoz municipal e único representante do BNG trala marcha dos outros dous concelleiros nacionalistas a Compromiso por Galicia. Encabezou a candidatura do BNG nas municipais de 2015 e mantivo os 3 concelleiros logrados catro anos atrás, sendo de novo a segunda forza tralo PSdeG de Alberto García, que revalidou a maioría absoluta.
Nas municipais de 2019 encabezou de novo a candidatura do BNG e obtivo de novo 3 concelleiros, cunha lixeira subida de votos, sendo de novo segunda forza política. Nesta ocasión o PSdeG perdeu a maioría absoluta (5 concelleiros), e foi elixido alcalde grazas ao apoio dos 3 concelleiros do PPdeG, pese ás indicacións da dirección nacional dos nacionalistas para que non recibise o apoio dos populares, chegando a ser expedientado[3] Porén, a súa relación co candidato conservador, Iván Caamaño, foise deteriorando ao non recibir este contraprestación algunha polo seu apoio, xa que optou por gobernar en minoría e non formar unha coalición co PPdeG. Desta forma, en marzo de 2020 anunciouse unha moción de censura que lle devolvería a alcaldía aos socialistas co apoio dos populares[4], a cal decaeu trala dimisión do propio Castaño no mes de maio. Desta forma, o socialista Alberto García retornou á alcaldía como cabeza da lista máis votada tras non producirse un novo acordo entre o BNG e o PPdeG.
Nas municipais de 2023 encabezou de novo a candidatura do BNG e recuperou a alcaldía con maioría absoluta[5].
Predecesor: Alberto García García |
Alcalde de Catoira 2019 - 2020 |
Sucesor: Alberto García García |
Predecesor: Alberto García García |
Alcalde de Catoira 2023 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas
editar- ↑ Nova en La Voz de Galicia ed. Pontevedra, 3-5-1987 p. 30.
- ↑ Nova en La Voz de Galicia ed. Arousa, 10-5-1990 p. 30.
- ↑ "Xoan Xosé Castaño Conde, del Bng, elegido alcalde de Catoira con el apoyo del PP". farodevigo.es (en castelán). 15 de xuño de 2019. Consultado o 9 de marzo de 2023.
- ↑ Diario, Nós (2020-03-03). "Moción de censura de PSdeG e PP en Catoira para desaloxar da Alcaldía o nacionalista Xoán Castaño". Nós Diario. Consultado o 2023-06-19.
- ↑ Fin de la era García en Catoira: El nacionalista Xoán Castaño empuña ahora el bastón