Xenocidio do Putumayo
O xenocidio do Putumayo é o termo empregado para facer referencia aos anos de abusos, escravitude forzada, masacres e etnocidio cometidos pola Peruvian Amazon Company contra os pobos indíxenas da Amazonia, en concreto na zona entre o río Putumayo e o río Caquetá durante a época de 1879 e 1912 en plena febre do caucho.[1][2][3] Os pobos que foron vítimas destes crimes foron os andaquís, os boras, os carijonas, os ingas, os cabiyaris, os mirañas, nonuyas, os ocainas, sionas, os tanimucas, os witotos e os yucunas, e a cifra de vítimas mortais calcúlase entre 242 000 e 450 000.[4]
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/3/30/The_Putumayo_-_the_devil%27s_paradise%2C_travels_in_the_Peruvian_Amazon_Region_and_an_account_of_the_atrocities_committed_upon_the_Indians_therein_%281913%29_%2814782203995%29.jpg/250px-thumbnail.jpg)
Contexto
editarO goberno peruano cedeu á Peruvian Amazon Company a potestade de representación nos territorios amazónicos ao norte de Loreto. O fundador da compañía, Julio César Arana, comezou unha política de pago por control de terras onde as súas hostes privadas, mercenarios de Scotland Yard traídos dende Barbados,[5] obrigaban aos pobos indíxenas a traballar en troques de «favores e protección». O indíxena non podía negarse porque remataba sendo raptado por mercenarios pagados pola compañía. Xa dentro da empresa, os indíxenas eran sometidos a procesos de illamento en zonas remotas para recoller caucho en condicións inhumanas e se non cumprían coa cantidade requirida eran castigados até a morte ou eran desaparecidos polos castigadores nos chamados campos lejanos, onde se aniquilou ao 90% das poboacións amazónicas.[6][7][8]
Reaccións ao xenocidio
editarDenuncias de Walter Hardenburg e Roger Casement
editarEn 1909, o enxeñeiro estadounidense Walter Hardenburg publicou Putumayo: The Devil’s Paradise onde denunciou os feitos que ocorrían coa explotación do caucho en territorios colombiano e peruano.[9][10]
En 1906, foi denunciado polo irlandés Roger Casement perante os gobernos occidentais sobre os excesos cometidos por Arana. En 1912 publicou o Libro Azul Británico. Informe y otras cartas sobre las atrocidades en el Putumayo denunciando a morte até a data de cando menos 40.000 persoas, obtendo só un xuízo por «maltrato laboral» contra a Peruvian Amazon Company. En 1913, deuse a orde de pechar devandita empresa sen obter un xuízo por crimes de lesa humanidade contra Arana, o cal era a principal meta de Casement.[11][12]
Tratado dos límites fronteirizos entre Colombia e o Perú
editarEn 1933, os gobernos do Perú e Colombia asinaron o Tratado Salomón-Lozano onde o primeiro cedía a zona entre os ríos Putumayo e Caquetá ao segundo. Por mor disto, a Peruvian Amazon Company desprazou forzosamente a varios amerindios cara ás zonas do río Napo e o río Amazonas para non competir coas empresas colombianas de caucho. Malia isto, a compañía seguiu administrando varias sucursais en Puerto Arica, La Chorrera, La Victoria entre outros. Neste proceso diminuíron os reportes de masacres realizados por caucheiros.[13]
Matanza e abusos despois do tratado dos límites
editarDespois da guerra colombo-peruana de 1933 durante a colombianización das rexións de Putumayo e Caquetá rexistráronse novos sucesos de torturas cometidas polas autoridades do goberno colombiano para asimilar as poboacións que se resistían a cambiar de nacionalidade, o cal provocou un éxodo de amerindios e mestizos ao Perú. En 1969, Colombia pagou unha indemnización de 200 mil dólares á Casa Arana, mais non reparou material nin moralmente ás vítimas do xenocidio. A Casa Arana é hoxe un lugar da memoria do xenocidio do Putumayo contra as comunidades amazónicas.[14]
Desculpas públicas do goberno colombiano
editarNo ano 2012, o presidente Juan Manuel Santos, pediu perdón ás comunidades amazónicas polos feitos ocorridos durante eses anos.[15]
"Ás comunidades dos pobos Uitoto, Bora, Okaina, Muinane, Andoque, Nonuya, Miraña, Yukuna e Matapí, pídolles desculpas a todos polos seus mortos, polos seus orfos, polas súas vítimas."Juan Manuel Santos, presidente de Colombia 2012
Na cultura popular
editar- Mario Vargas Llosa no seu libro El sueño del celta.
- José Eustasio Rivera na súa novela La vorágine.
- Ciro Guerra no seu filme El abrazo de la serpiente.
- César Uribe na súa novela Toá, narraciones de caucherías (sobre a explotación dos traballadores do caucho na Amazonia colombiana).
Notas
editar- ↑ "Cien años después, la Amazonía recuerda uno de sus episodios más trágicos". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2020.
- ↑ "Memoria de una herida que no cierra - Min. Cultura de Colombia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de abril de 2023. Consultado o 25 de abril de 2023.
- ↑ Jordán, Pilar García; Izard, Miquel (1992). Conquista y resistencia en la historia de América (en castelán). Edicions Universidade de Barcelona. ISBN 978-84-475-0073-4. Consultado o 10 de xuño de 2020.
- ↑ White, Matthew. "Mid-Range Wars and Atrocities of the Twentieth Century". Necrometrics. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2019. Consultado o 15 de xull o de 2019.
- ↑ Davis, Wade: El río: exploraciones y descubrimientos en la selva amazónica, pp. 283-284.
- ↑ Indígenas amazónicos.
- ↑ Tiempo, Casa Editorial El (7 de outubro de 2012). "Cien años de la matanza de La Chorrera, Amazonas". El Tiempo (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2020.
- ↑ República, Subgerencia Cultural del Banco de la. "La Red Cultural del Banco de la República". www.banrepcultural.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 1 de maio de 2021. Consultado o 10 de xuño de 2020.
- ↑ FG (5 de abril de 2017). "La fiebre del caucho y el genocidio indígena del Putumayo, Colombia.". Red Filosófica del Uruguay (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2020.
- ↑ International, Survival. "Muerte en el paraíso del diablo - Survival International". www.survival.es (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2020.
- ↑ Tiempo, Casa Editorial El (20 de febreiro de 2017). "La historia del irlandés al que los huitotos rinden tributo". El Tiempo (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2020.
- ↑ El paraíso del diablo: Roger Casement y el informe del Putumayo, un siglo después (en castelán). Ediciones Uniandes-Universidad de los Andes. 2014. ISBN 978-958-774-052-3. Consultado o 10 de xuño de 2020.
- ↑ Nación, La. "Editorial - Genocidio Arana • La Nación". La Nación (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2020.
- ↑ Tiempo, Casa Editorial El. "La Casa Arana tiene en su interior crímenes que perduran". Portafolio.co (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2020.
- ↑ "Presidente Santos pidió perdón a los indígenas de la Amazonía". www.elpais.com.co. Consultado o 10 de xuño de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xenocidio do Putumayo |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Julio César Arana y Sir Roger Casement.Destinos Cruzados. El caucho, un comercio infame.Arquivado 15 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine. (en castelán)
- La Casa Arana en el Putumayo. El Caucho y el Proceso Esclavista.Arquivado 15 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine. (en castelán)