Xelea de Wharton
tecido conectivo
(Redirección desde «Xelatina de Wharton»)
A xelea de Wharton, tamén coñecida coma xelatina de Wharton, é un líquido viscoso que se atopa principalmente no cordón umbilical, e que envolta ás arterias e á vea umbilical. Constitúe o tecido conectivo laxo mucoso, e está conformado por células mesenquimais que logo hanse de converter en fibroblastos inmaturos.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/0/06/The_Umbilical_Cord.jpg/200px-The_Umbilical_Cord.jpg)
Nun corte histolóxico obsérvase o cordón umbilical cunha estrutura triangular, na que as dúas arterias fican na base do triángulo e a vea no vértice. Todas estas estruturas están envoltas pola xelea de Wharton.