Xasón de Argos (latín: Iason, grego antigo: Ἰάσων "Iáson" ) (século II) foi un historiador grego que, segundo a enciclopedia Suídas, era máis novo que Plutarco, polo que viviu na época do emperador Hadriano. Suídas tamén di que era gramático, e un gramático chamado Xasón aparece mencionado no Etymologicum Magnum.

Modelo:BiografíaXasón de Argos
Biografía
Actividade
Ocupacióngramático, historiador Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Escribiu unha obra que incluía a primeira historia de Grecia (ἀρχαιολογία) en catro libros e a historia entre as guerras médicas e a morte de Alexandre Magno e a conquista de Atenas polo rexente Antípatro, pai de Casandro. O libro coñecido como Περὶ Κνίδου parece que formou parte desta historia, e a obra tería por título Περὶ τῶν Ἀλεξάνδρου ἱερὼν. É mencionado por Ateneo de Naucratis e Estevo de Bizancio, e Fabricio inclúeo na Bibliotheca Graeca[1].

  1. 3.Jason of Argos en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. II Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 556