Xardín do Posío
O Xardín do Posío, situado na cidade de Ourense, foi construído no ano 1846, sendo orixinariamente un xardín botánico. Este xardín estaba ligado á cátedra de Física, Química e Historia Natural do antigo Instituto de Segunda Ensinanza, actual IES Otero Pedrayo de Ourense.
Tipo | parque ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Ourense, España ![]() | |||
| ||||
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/b/bf/Veh%C3%ADculo_Rally_Ourense_2022_no_Pos%C3%ADo_10.jpg/220px-Veh%C3%ADculo_Rally_Ourense_2022_no_Pos%C3%ADo_10.jpg)
Historia e características
editarO Xardín do Posío creouse a mediados do século XIX polos mesmos profesores do antigo Instituto de Segunda Ensinanza. Preparárono coas árbores e plantas do Xardín Botánico de Madrid e xuntaron ata 200 especies. O recinto está forxado por un peche e portas, nas que hai uns floreiros.
O parque está estruturado en tres niveis. A parte superior está arborada e ten espazos de xogos infantís. A parte central está ocupada, principalmente, polo paseo con bancos e farolas. É un punto de encontro na cidade, onde tamén se programan concertos. A parte inferior está formada por un xardín centrado por un paseo de palmeiras, unha rosaleda e un estanque. Neste estanque hai paxaros, como un pavo real. É o mellor conservado, no que hai dúas esculturas que renden homenaxe. Francisco Asorey firma a que está adicada a Xavier Prado Lameiro en 1944. A outra recorda a Valentín Lamas Carvajal, e é unha obra conxunta de Manuel Pascual e Antonio Faílde. Na marxe do lateral sur estaba a Ermida da Nosa Señora do Posío, destruída ao construír a chamada, agora, rúa Coruña. Esta imaxe foi trasladada preto da fonte das Burgas.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Xardín do Posío, na páxina web Turismo de Ourense.
- Xardín do Posío, na páxina web Zapos y Princesas (en castelán)
- Guía de concertos Arquivado 08 de maio de 2018 en Wayback Machine., na páxina web Guía del ocio (en castelán).
- Exposición H2O en Ourense, na páxina web Ocio en Galicia (en castelán).