Xaquín Xesteira Losada
Xaquín Xesteira, nado en Cambados o 29 de agosto de 1971, é un músico galego. A súa especialidade é a gaita e o tamboril.
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de agosto de 1971 (53 anos) Cambados, España |
Actividade | |
Ocupación | músico, mestre |
Membro de | |
Instrumento | Gaita galega, Instrumento de percusión, frauta travesa e óboe |
Familia | |
Fillos | Anxo Xesteira Serrano |
Traxectoria
editarNaceu en Cambados en 1971 nunha familia con tradición musical (o seu avó fundou unha orquestra, e súa nai foi profesora de solfexo e piano de varias xeracións de cambadeses[1]), e comezou a interesarse pola música tradicional galega desde os tres anos. Aos catro anos participou na súa primeira actuación.
Comezou os seus estudos musicais na Sociedade Cultural de Cambados, tocando o tambor. No grupo de música tradicional de Vilariño (Cambados) comezou coa gaita. No Conservatorio Superior de Música de Vigo recibiu os estudos relacionados con este instrumento. Entre outros, tivo como mestres a Nando Casal (Milladoiro) e a Carlos Núñez. É membro dos grupos Os Faíscas de Solobeira, da banda de música de Castrelo e de Treixadura. Ademais, colaborou con Fuxan os Ventos, Na Lúa, ou Milladoiro[2].
Foi produtor artístico dos traballos discográficos da Agrupación Abertal da Rúa, Pedraquetiña (Toutón, Mondariz) e Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela). Compoñente e cofundador do grupo Treixadura con quen ten editado 8 traballos discográficos; e tamén é compoñente do grupo Os Faíscas de Solobeira.
Presidente da Fundación SonDeSeu, director artístico e coordinador das seccións de contrabaixo, canto, gaita e percusión da orquestra folk SonDeSeu. Dendo xuño de 2015 é director do coro Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, con quen editou o traballo discográfico O corazón aberto (2018).
Gaiteiro no grupo Os Xesteira xunto coa súa familia.
Na actualidade, é profesor de gaita e percusión na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo. Ten publicado un Método de Gaita Galega publicado en dous volumes por Edicións do Cumio (anos 2004 e 2007).
Notas
editar- ↑ "Solfeo es una obligación familiar". La Voz de Galicia. 7 de febreiro de 2010.
- ↑ "Páxina web antiga de Treixadura". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 14 de abril de 2013.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Fragmento dunha charla de Xaquín Xesteira, no IES Asorey de Cambados.
- "Muiñeira de Cambados", creada e interpretada por Xaquín Xesteira.