Xano (lúa)
Xano (en latín Ianus) é unha lúa interior de Saturno. Tamén coñecido coma Saturno X'. O seu nome oficial provén da mitoloxía romana.
![]() | |
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | Audouin Dollfus |
Descuberta no | 15 de decembro de 1966 |
Designación alternativa | Saturno X |
Características orbitais[1] | |
Eixo semi-maior | 151.460 ± 10 km |
Excentricidade | 0,0068 |
Período orbital | 0.69466042 días |
Inclinación | 0,163 ± 0,004° (respecto do ecuador de Saturno) |
Satélite de | Saturno |
Características físicas | |
Dimensións | 193×173×137 km[2] |
Radio medio | 89,4 ± 3,0 km[2] |
Masa | 1,912 ± 0,005 ×1018 kg[1] |
Densidade media | 0,64 ± 0,06 g/cm³ |
Gravidade superficial | ~0,0137 m/s² |
Período de rotación | sincrónica |
Albedo | 0,71 ± 0,02 (xeométrico)[3] |
Oblicuidade | cero |
Descubrimento e órbita
editar- O que segue a continuación é resumo. Se quere ver unha información máis detallada deste apartado, vexase: Epimeteo.
Xano ocupa esencialmente a mesma órbita ca Epimeteo. Os astrónomos asumían que había un só corpo nesa órbita, e debido o feito de compartir órbita, os astrónomos tiveron bastantes dificultades a hora de establece-las súas características orbitais. Cando as observacións eran fotográficas e bastante espalladas no tempo, a presenza de dous corpos era pouco ou nada clara, o que facía cas observacións fosen moi difíciles de casar cunha órbita razoable'.
Audouin Dollfus observou a lúa o 15 de decembro de 1966.[4] O novo obxecto recibiu a designación provisional deS/1966 S 2. Previamente, Jean Texereau realizou fotografías de Xano o 29 de outubro de 1966 sen decatarse de que era un novo corpo, Dollfus sería tamén que propoñería o nome de "Xano".[5] O 18 de decembro, Richard Walker fixo unha observación semellante que hoxe en día está acreditada coma o descubrimento de Epimeteo.[6] Hai que subliñar, que nos tempos do descubrimento, pensábase que era só unha lúa, e aínda que non era oficial, ese único corpo recibiu o nome de Xano.
Doce anos máis tarde, en outubro de 1978, Stephen M. Larson e John W. Fountain déronse conta que as observacións de 1966 eran mellor explicadas por dous corpos distintos (Xano e Epimeteo) que compartisen órbitas moi semellantes.[7] Isto foi confirmado en 1980 pola sonda Voyager 1,[8][9] Larson e Fountain compartiron oficialmente o descubrimento de Epimeteo con Walker.
Xano foi observado en sucesivas ocasións e recibiu varias designacións provisionais. Foi observado pola sonda Pioneer 11 cando pasaba preto de Saturno o 1 de setembro de 1979: os detectores de partículas enerxéticas observaron a súa sombra (S/1979 S 2.[10]) Xano foi observado por Dan Pascu o 19 de febreiro de 1980 (S/1980 S 1,[11]) e o 23 dese mesmo mes por John W. Fountain, Stephen M. Larson, Harold J. Reitsema e Bradford A. Smith (S/1980 S 2.[12])
Todos estes astrónomos comparten en varios graos, o título de descubridores de Xano.
Nome
editarO nome de Xano procede da mitoloxía romana, onde Xano era o un deus de dúas caras, representante dos inicios e fins; aínda que informalmente foi bautizado xa con este nome polo seu descubridor ala polo 1966,[5] non recibiu o seu nome oficial ata o ano 1983.[13] O nome de Epimeteo foi aprobado pola UAI ó mesmo tempo, a lúa co-orbital de Xano.
Características físicas
editarAlgúns dos cráteres de Xano teñen máis de 30 kms de diámetro, pero posúe moi poucos accidentes xeolóxicos lineais, coma cristas e sucos. A superficie de Xano asemella máis vella ca de Prometeo pero máis nova ca de Pandora. A partir da súa baixa densidade e o seu relativamente alto albedo, podemos deducir que Xano é un corpo xeado moi poroso.
Anel
editarExiste un feble anel de po na rexión que ocupan as órbitas de Epimeteo e Xano, coma revelan as imaxes tomadas pola sonda Cassini baixo luz difusa no 2006. Este anel estendese ó longo dun radio de 5000 km.[14] A fonte do po son as partículas arrincadas das lúas polos impactos de meteoritos, as cales forman un anel difuso ó redor das órbitas das dúas lúas.[15]
Galería
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Spitale, J. N.; e o seu equipo. (2006). "The orbits of Saturn's small satellites derived from combined historic and Cassini imaging observations". The Astronomical Journal 132 (2): 692–710. doi:10.1086/505206. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 01 de xuño de 2010.
- ↑ 2,0 2,1 Porco, C. C.; e o seu equipo. (2006). "Physical Characteristics and Possible Accretionary Origins for Saturn's Small Satellites" (PDF). Bulletin of the American Astronomical Society 37: 768.
- ↑ Verbiscer, A.; French, R.; Showalter, M. ; Helfenstein, P. (2007). "Enceladus: Cosmic Graffiti Artist Caught in the Act". Science 315 (5813): 815. PMID 17289992. doi:10.1126/science.1134681. p. 815 (material con soporte en liña, táboa S1)
- ↑ IAUC 1987: Probable New Satellite of Saturn 3 de xaneiro de 1967 (descubrimento)
- ↑ 5,0 5,1 IAUC 1995: Saturn X (Janus) 1 de febreiro de 1967 (bautizo de Xano)
- ↑ IAUC 1991: Possible New Satellite of Saturn 6 de xaneiro de 1967
- ↑ Fountain, J (1978). "Saturn's ring and nearby faint satellites". Icarus 36: 92. doi:10.1016/0019-1035(78)90076-3.
- ↑ Leverington, David (2003). Cambridge University Press, ed. Babylon to Voyager and beyond: a history of planetary astronomy. p. 454. ISBN 0521808405.
- ↑ NASA (ed.). "Saturn: Moons: Janus". Solar System Exploration: Planets. Arquivado dende o orixinal o 05-03-2012. Consultado o 28-02-2009.
- ↑ IAUC 3417: New Ring and Satellites of Saturn 25 de outubro de 1979
- ↑ IAUC 3454: Saturn 25 de febreiro de 1980
- ↑ IAUC 3456: 1980 S 2 29 de febreiro de 1980
- ↑ Transactions of the International Astronomical Union, Vol. XVIIIA, 1982 (confirmación de Xano, nomes de Epimeteo, Telesto, Calipso) (mencionado en IAUC 3872: Satellites of Jupiter and Saturn 30 de setembro de 1983)
- ↑ NASA Planetary Photojournal PIA08328: Moon-Made Rings
- ↑ Cassini-Huygens press release NASA Finds Saturn's Moons May Be Creating New Rings Arquivado 12 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., 11 de outubro do 2006
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xano |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Janus ProfileArquivado 05 de marzo de 2012 en Wayback Machine. by NASA's Solar System Exploration (en inglés)
- The Planetary Society: Janus (en inglés)
- 'Solar System Dynamics' by Murray and Dermott The standard text on the subject, describes the orbits in detail. (en inglés)
- Quicktime illustration of co-orbital motion Arquivado 03 de setembro de 2014 en Wayback Machine. from Murray and Dermott (en inglés)
- Imaxe da Cassini de Xano e Epimeteo preto do intercambio orbital. (en inglés)