Xamuil Xauris
Xamuil Xauris[1] (en árabe: شموئيل شوريز), nado en Tesqopa (Iraq) o 25 de xaneiro de 1909 e finado o 14 de xuño de 1981, foi un eclesiástico católico caldeo, arcebispo de Urmia dende 1974 até o seu pasamento.
Nome orixinal | (ar) شموئيل شوريز ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de xaneiro de 1909 ![]() Tel Isqof, Iraq (en) ![]() ![]() |
Morte | 14 de xuño de 1981 ![]() |
Bispo diocesano | |
1 de maio de 1974 – ← Saia Daxtu – Tumas Miram → | |
Arcebispo católico | |
1 de maio de 1974 – ← Saia Daxtu – Tumas Miram → | |
Arcebispo católico | |
18 de xaneiro de 1972 – ← Thomas Michel Bidawid (en) ![]() Diocese: Chaldean Catholic Archeparchy of Ahwaz (en) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1972–1981), sacerdote católico (1951–) ![]() |
Consagración | Paulo II Xaikhu ![]() |
Traxectoria
editarNaceu en Tesqopa, unha vila de maioría cristiá e asiria do norte de Iraq (entón baixo soberanía otomá, na provincia de Mosul), e pertencente á eparquía de Alqosh, o 25 de xaneiro de 1909.[2] Entrou na Orde Antoniana de Santo Hormisdas dos Caldeos, e o 28 de outubro de 1951 foi ordenado sacerdote.[2]
O 18 de xaneiro de 1972 foi nomeado arcebispo de Ahvaz.[2] Recibiu a consagración episcopal de mans do patriarca de Babilonia Paulo II o 14 de maio do mesmo ano.[2] O 1 de maio de 1974 foi nomeado arcebispo de Urmia e bispo de Salmas,[2] cargos que exerceu até o seu pasamento o 14 de xuño de 1981.[3]
Notas
editar
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Saia Daxtu |
Arcebispo de Urmia 1974 - 1981 |
Sucesor: Tumas Miram |
Predecesor: Saia Daxtu |
Bispo de Salmas 1974 - 1981 |
Sucesor: Tumas Miram |