Xabir al-Ahmad al-Xabir al-Saba
político kuwaití
Xabir al-Ahmad al-Xabir al-Saba (en árabe: جابر الأحمد الجابر الصباح), nado o 29 de xuño de 1926 e finado o 15 de xaneiro de 2006, foi emir de Kuwait dende decembro de 1977 ata a súa morte.
Traxectoria
editarFoi o terceiro fillo do emir Ahmad al-Xabir al-Saba. En 1962 foi nomeado ministro de economía e facenda, e en 1965 primeiro ministro. Converteuse en príncipe herdeiro en 1966.
Foi deposto pola invasión iraquí de Kuwait en 1990, polo que entre o 2 de agosto de 1990 e o 14 de marzo de 1991 estivo exiliado en Arabia Saudita e Bahrain. Foi sucedido polo seu irmán Sabah al-Ahmad al-Jabir al-Sabah.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |