Xácome

nome masculino

Xácome[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o hebreo יַעֲקֹב Ya'aqôbh, que no libro da Xénese é o nome do fillo de Isaac e Rebeca. En galego tamén ten as variantes Xacob, Xacobe, Xaime, Santiago e Iago.[2]

En xaneiro de 2023 existían 6 varóns en Galicia co nome Xácome, cunha media de idade de 34,8 anos.[3]

Uso do nome

editar

A forma galega antiga máis documentada é Xácome (grafado en galego antigo: Jácome) como aparece nun documento medieval de 1291 como apelido: Pedro Jacome, e como prenome en 1488: Jacome Notario, en 1467: Jacome Romeu, e en 1491: Jacome de Sanjurjo.

Nun documento medieval galego de 1291 xa aparecía o apelido Jácome: Pedro Jacome,[2] e como nome en 1488: Jacome Notario e en 1467: Jacome Romeu.

Xosé Díaz Jácome, nado en Mondoñedo en 1910 foi un xornalista e escritor galego. O Concello de Mondoñedo e a Fundación Caixa Galicia convocan anualmente desde 2000 o premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores co obxectivo de estimular a creación poética entre a xente nova.

  1. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
  3. Nome Xácome na Web do Intituto Galego de Estatística

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar