Wine
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → ![]() Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Wine (acrónimo recursivo en inglés para Wine Is Not an Emulator, que significa «Wine non é un emulador») é unha reimplementación da interface de programación de aplicacións de Win16 e Win32 para sistemas operativos baseados en Unix. Permite a execución de programas deseñados pra MS-DOS, e as versións de Microsoft Windows 3.11, 95, 98, Me, NT, 2000, XP, Vista, 7 e MacOS.
Wine | |
---|---|
![]() | |
![]() Wine executando Explorer en Ubuntu. | |
Desenvolvedor(es) | Wine Team |
Última versión | 1.6.2 (10 de xaneiro de 2014) |
Repositorio | gitlab |
Sistema operativo | Unix, multiplataforma |
Tipo | Capa de compatibilidade |
Licenza | GNU LGPL v2.1+ |
Sitio web | http://www.winehq.org |
O nome Wine inicialmente foi un acrónimo para WINdows Emulator.[1] Este significado foi cambiado posteriormente ao acrónimo recursivo actual.
Wine fornece:
- Un conxunto de ferramentas de desenvolvemento para portar código fonte a aplicacións Windows a Unix.
- Un cargador de programas, o cal permite que moitas aplicacións para Windows 2.0/3.x/9X/ME/NT/2000/XP/Vista e Win 7 se executen sen modificarse en varios sistemas operativos unix-like como GNU/Linux, BSD, Solaris e Mac OS X
Historia do proxecto
editarO proxecto Wine comezou no 1993, época da versión 3.11 de Windows. O proxecto posiblemente se orixinou en discusións en comp.os.linux. Os programadores Eric Youngdale e Bob Amstadt crearon a súa primeira versión. A razón pola cal Wine non é un emulador é que os emuladores tenden a duplicar o contorno completo no que un programa vive, incluíndo a simulación da arquitectura de microprocesador determinada. Wine, polo contrario, implementa o que podería chamar unha capa de compatibilidade, a cal fornece alternativas ás bibliotecas de Windows.
A mediados do ano 2002, xa se contaba cunha aplicación con máis dun millón de liñas de código fonte escrito en linguaxe C e cun grupo de máis de 300 programadores. O proxecto tivo tempos nos cales non se avanzou o suficiente, ata que no ano 2003, aplicacións moi estendidas no contorno Windows como Microsoft Office e Internet Explorer foron posibles de ser utilizadas en contornos Unix grazas a Wine.
O proxecto presenta grandes retos para os desenvolvedores, ao menos en parte debido á incompleta documentación da API de Windows. A pesar que a maioría das funcións da API Win32 están correctamente documentadas, existen aínda moitas áreas, como formatos de ficheiros e protocolos, para os cales non existen especificacións documentadas por parte de Microsoft.
Cara comezos do 2003, Wine podía executar moitos programas populares, como Lotus Notes e algunhas versións de Microsoft Office, con comportamentos e estabilidade variables. O éxito do funcionamiento de cada aplicación depende do uso de bibliotecas dinámicas (DLL) de Windows.
A empresa de software Corel axudou moito ao proxecto, empregando temporalmente a un dos principais desenvolvedores, Alexandre Julliard, xunto con moitos outros programadores secundarios. Esta axuda foi motivada polo porting da suite ofimática de Corel a GNU/Linux. Porén, debido a dificultades económicas, o apoio de Corel cesou.
Outras organizacións fixeron esforzos comerciais para apoiar o proxecto, incluíndo CodeWeavers e Linspire. CodeWeavers desenvolveu unha versión comercial, cerrada e visualmente máis atractiva, de Wine e comercialízaa baixo o nome CrossOver Office; ademais, colabora co proxecto, xa sexa financiándoo ou con parches.
O desenvolvemento oficial de Wine está orientado cara a correcta implementación da API de Windows como un todo e aínda que se atope un pouco atrasado nestas áreas, desde a súa versión 1.0 do verán do 2008 é capaz de executar con éxito e con poucos ou escasos erros unha grande variedade de aplicacións deseñadas para Windows.
Outros proxectos que incorporaron código fonte de Wine son Rewind e ReactOS.
Estado actual de Wine
editarSw que funciona sen erros ("Platino") Sw que funciona sen erros pero requiere config. adicional ("Ouro") Sw con erros menores ("Prata") Sw con erros maiores ("Bronce") Sw inutilizable("Lixo")
De acordo a un estudo realizado en Internet por DesktopLinux.com[2] en 2006, a aplicación Wine é bastante usada con relación ás demais cunha demanda do 33,5% dos enquisados, a pesar dos seus considerables defectos; mentres que un 16,7% utiliza o VMware e apenas un 7% usa a aplicación CrossOver. En tanto a porción dos enquisados que non utiliza ningún foi dun 39%.
O 17 de xuño do 2008 o proxecto Wine lanzou a versión 1.0,[3] a primeira versión estable en quince anos de desenvolvemento. Esta presenta melloras con relación as versións alfa e beta, das cales se pode mencionar un mellor soporte de rato nos xogos, aplicacións con uso de bibliotecas OpenGL, manexo de novos estados en Direct3D e mellora do sistema de son, entre melloras importantes.
O 16 de xuño de 2010 o proxecto Wine lanzou a versión estable 1.2,[4] presentando máis de 23 000 cambios no código fonte, máis de 3 000 bugs arranxados e o soporte para aplicacións de 64Bits.
O 7 de marzo de 2012 o proxecto Wine lanzou a versión estable 1.4,[5] engadindo soporte a moitas novas aplicacións como Microsoft Office 2010, (aunque existindo agora o denominado S.O windows 8,dicho desenvolvemento pode considerarse obsoleto).[5] e xogos de última xeración como Skyrim[6] o Starcraft 2.[7]
Características
editarCompatibilidade binaria
editar- Soporte para programas da familia MS-DOS e Windows (3.x/9x/NT/2000/XP/2003/Vista/2008/7).
- Soporte para chamadas de funcións de Windows de 64, 32 e 16 bits.
- Código x86 de 64, 32 e 16 bits.
- Extensas bibliotecas de interrupcións pra programas utilizando chamadas de modo real INTxx.
- Capacidades avanzadas de trunking.
- Posibilidade de engadirlle máis bibliotecas de enlace dinámico (DLL), incluso as nativas de Windows, as cales están localizadas no cartafolC:\Windows\System32, e poden ser instaladas en wine copiando dichas librerías no cartafol ~/.wine/drive_c/windows/system32.
- Deseño de enxeñería inversa para mellorar a solución fronte a erros.
- Execución sobre outras arquitecturas non Intel baixo emulación, con QEMU (Darwine era unha bifurcación de Wine feita para Mac OS X PowerPC, pero o proxecto quedou abandonado).
Gráficos
editar- Pode debuxar en contornos gráficos baseados en X11, SDL texto/ttydrv.
- Pantalla remota para calquera terminal X.
- Soporte total de GDI e parcial GDI32.
- Soporte de DirectX pra xogos.
- Pode utilizar impresoras para sistemas Microsoft Windows de 16 bits de forma nativa.
- Interface interna de impresión PostScript.
- Capacidade de meta-Ficheiro.
- Capacidade de execución nunha ou varias ventás.
- Posibilidade de instalar temas visuais de formato msstyle, os nativos de Windows.
Outras características
editar- Soporte de son e entradas alternativas.
- Soporte de módems o dispositivos por puerto serie.
- Trabajo en red con Winsock TCP/IP.
- Soporte de escáneres ASPI.
- Soporte de controis avanzados típicos de programas para Microsoft Windows de 32 bits.
Wine API
editar- Deseñado para ser compatible con código para Windows de 32 bits.
- Programas de mostra
- Documentación xerada automaticamente das API
- Compilador fonte de 32 bits
- Capacidade parcial de codificación Unicode
- Internacionalización: Wine está dispoñible en 16 linguas
- Depurador integrado e mensaxes de rastreo configurables
Notas
editar- ↑ WINE FAQ Antigo significado do nome usado incluso ata 1997
- ↑ "2006 Desktop Linux Market survey". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2005. Consultado o 06 de maio de 2013.
- ↑ "Anuncio da publicación da versión 1.0".
- ↑ "Anuncio da publicación da versión 1.2".
- ↑ 5,0 5,1 "Anuncio da publicación da versión 1.4".
- ↑ "Base de datos de aplicacións: Skyrim".
- ↑ "Base de datos de aplicacións: Starcraft II".
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial de Wine (en inglés)
- Programas compatibles (en inglés)
- Indicacións pra máis de cen programas compatibles, (en inglés)
- Benchmarks de Wine comparado con Windows XP (en inglés)