William Congreve

escritor británico

William Congreve, nado en Bardsey, West Yorkshire o 24 de xaneiro de 1670 e finado en Londres o 19 de xaneiro de 1729, foi un dramaturgo e poeta inglés.

Modelo:BiografíaWilliam Congreve

(1709) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xaneiro de 1670 Editar o valor en Wikidata
Leeds, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xaneiro de 1729 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAbadía de Westminster Editar o valor en Wikidata
EducaciónKilkenny College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo, tradutor, enxeñeiro, escritor, poeta, libretista Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeHenrietta Godolphin, 2.ª Duquesa de Marlborough Editar o valor en Wikidata
FillosMary Osborne, Duchess of Leeds (disputado) Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
Lives of the Most Eminent English Poets (en) Traducir
Dicionario Enciclopédico Granat Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1068900 IBDB: 9112
BNE: XX893189 Musicbrainz: 912973f2-6ea8-4363-8746-1ef7387994c2 Discogs: 1630710 IMSLP: Category:Congreve,_William WikiTree: Congreve-9 Find a Grave: 1273 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

O seu pai William Congreve (1637–1708) era un partidario do rei Carlos II que se estableceu en Irlanda e alí pasou o novo Congreve a súa infancia, estudou no Trinity College en Dublín, onde coñeceu a Jonathan Swift, co que mantería amizade ata o final. Logo da súa graduación matriculouse no Middle Temple en Londres pera estudar leis, pero acabou interesándose pola literatura e o teatro, converténdose artisticamente en seguidor de John Dryden.

Carreira literaria

editar

William Congreve escribiu antes dos trinta anos, algunhas das pezas teatrais máis coñecidas do período da Restauración, as comedias Love for Love (estreada o 30 de abril de 1695) e The Way of the World ( 1700), e a traxedia, The Mourning Bride (1697). Pero os gustos do público estaban cambiando e a representación satírica da vida inglesa deu paso ao seu retrato sentimental, reaccionando o público contra o que consideraban obras indecentes pola súa natureza sexualmente explícita [1], circulando varios panfletos contra este tipo de teatro, o máis coñecido o de Jeremy Collier, Short View of the Immorality and Profaneness of the English Stage (1698), contra o que reaccionou Congreve nunha longa réplica, "Amendments of Mr. Collier's False and Imperfect Citations." Politicamente era membro do Kit-Cat Club de ideoloxía whig e ocupou algúns postos políticos de importancia menor.

Últimos anos

editar

Congreve retirouse do teatro, vivindo o resto da súa vida das rendas das súas obras, despois de 1700 tan só escribiu algún poema e realizou algunha tradución, como é o caso de Monsieur de Pourceaugnac de Molière e tamén escribiu o libreto para a ópera Semele de John Eccles que non se estraría ata o século XX. En setembro de 1728 sufriu un accidente nunha carruaxe, da que non acabou de recuperarse e morreu uns meses despois.

  1. Cordner, Michael.(2000) "Playwright versus priest: profanity and the wit of Restoration comedy." In Deborah Payne Fisk (ed.), The Cambridge Companion to English Restoration Theatre, Cambridge: Cambridge University Press, p. 210

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar