Willem Einthoven
Willem Einthoven, nado en Semarang, (actual Indonesia), o 21 de maio de 1860 e finado en Leiden (Países Baixos) o 28 de setembro de 1927, foi un médico neerlandés.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de maio de 1860 ![]() Semarang, Indonesia ![]() |
Morte | 29 de setembro de 1927 ![]() Leiden, Países Baixos ![]() |
Lugar de sepultura | Oegstgeest (pt) ![]() ![]() |
Rector magnificus of Leiden University (en) ![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Utrecht ![]() |
Director de tese | Franciscus Cornelis Donders ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Fisioloxía ![]() |
Ocupación | inventor, fisiólogo, médico, profesor universitario ![]() |
Empregador | Universidade de Leiden, Dutch ordinary professor (en) ![]() ![]() ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Frédérique Jeanne Louise de Vogel ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Эйнтховен Виллем) Obálky knih, ![]() Onze Hoogleeraren (en) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFillo dun médico militar, naceu na colonia holandesa de Xava, hoxe Indonesia. Trala morte do pai, a familia regresou ó seu país, onde Einthoven acabou obtendo a licenciatura en Medicina na Universidade de Utrecht.
Pronto foi nomeado profesor de fisioloxía e histoloxía na Universidade de Leiden, onde desenvolvería o seu labor investigador. Ós 26 anos de idade, era un científico de notable reputación, participaba en numerosos foros científicos internacionais e falaba varias linguas con extraordinario dominio.
En 1901, Einthoven publicou o seu primeiro artigo científico comunicando as súas experiencias co galvanómetro de corda e a súa utilidade para o rexistro dos potenciais cardíacos ("Un nouveau galvanométre. Arch Néerland Sci exactes naturelles, Serie 2, 6:625-633"). Cinco anos máis tarde, describía con detalle as aplicacións clínicas do electrocardiograma nun artigo titulado: "Le telecardiogramme (1906). Arch Int Physiol. 4:132-164". Este artigo sentou as bases para a extraordinaria avalancha informativa que se desenvolveu desde entón acerca desta imprescindible ferramenta na análise cardiolóxica.
Os seus traballos fixéronlle merecedor do Premio Nobel de Medicina en 1924.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Willem Einthoven |