Wilfred Agbonavbare

futbolista nixeriano

Wilfred Agbonavbare, nado en Lagos o 5 de outubro de 1966, e finado en Alcalá de Henares o 27 de xaneiro de 2015, foi un futbolista nixeriano que xogou como porteiro. Foi internacional coa selección de Nixeria.

Modelo:BiografíaWilfred Agbonavbare
Biografía
Nacemento5 de outubro de 1966 Editar o valor en Wikidata
Lagos, Nixeria Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xaneiro de 2015 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Alcalá de Henares, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro óseo Editar o valor en Wikidata
Altura190 cm Editar o valor en Wikidata
Peso80 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1983 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaNixeria Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1983–1989 New Nigeria Bank FC
1990–1990 BCC Lions
1990–1996   Rayo Vallecano 177(0)
1996–1997 Écija Balompié 23(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1983–1994   Nixeria 15(0)
Participou en
1994Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994
1994Copa de África de Nacións de 1994 Editar o valor en Wikidata

FIFA: 45041 Editar o valor en Wikidata

Formouse como futbolista en diversos equipos da Primeira División de Nixeria ata que en 1990 puido fichar polo Rayo Vallecano de España, no que permaneceu seis tempadas e ó que axudou a acadar o ascenso a Primeira División na tempada 1991-92. Grazas ás súas actuacións foi convocado pola selección nixeriana na Copa de África como na Copa Mundial de 1994. A súa retirada tivo lugar no Écija Balompié de Segunda na tempada 1996-97.