Wild Things
Wild Things é un filme de suspense erótico estadounidense de 1998 dirixido por John McNaughton, e protagonizado por Matt Dillon, Neve Campbell, Kevin Bacon, Denise Richards e Theresa Russell.
Wild Things | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | John McNaughton |
Produtor | Rodney M. Liber Steven A. Jones |
Guión | Stephen Peters |
Intérpretes | Kevin Bacon Matt Dillon Neve Campbell Theresa Russell Denise Richards Daphne Rubin-Vega Robert Wagner Bill Murray |
Música | George S. Clinton |
Fotografía | Jeffrey L. Kimball |
Montaxe | Elena Maganini |
Estudio | Mandalay Entertainment |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | 20 de marzo de 1998 |
Duración | 108 minutos |
Orixe | ![]() |
Orzamento | 20.000.000 $ |
Recadación | 56.000.000 $[1] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
En 2004 editouse en DVD unha versión sen cortes, con sete minutos máis. A sona da película veulle por varias escenas de sexo, mais en particular unha que implica un home e dúas mulleres asemade; esas escenas son máis explícitas do habitual en filmes das grandes producións de Hollywood. Realizáronse tres secuelas que saíron directamente en DVD Wild Things 2 (2004), Wild Things: Diamonds in the Rough (2005) e Wild Things: Foursome (2010).
A película recibiu a cualificación R da MPAA por "sexualidade, nudez, linguaxe e violencia forte".[2]
Argumento
editarKelly Van Ryan, unha rapaza popular, e Suzie Toller, unha marxinada social, acusan a Sam Lombardo, un acreditado conselleiro de orientación escolar de Miami, de violación. Lombardo contrata o avogado Kenneth Bowden para que o defenda. No xuízo, Suzie admite que ela e Kelly acusárono para vingarse de Lombardo: Suzie por un cargo menor por posesión de drogas e Kelly por ter unha aventura coa súa nai. A nai de Kelly queda humillada polo escándalo, e Lombardo e Bowden negocian un acordo de 8.500.000 dólares por difamación. Mais o certo é que, Lombardo e as dúas rapazas acordaran utilizar o xuízo como unha forma de obter diñeiro da rica familia de Kelly. Para celebraren o seu éxito, os tres cómplices deciden ter relacións sexuais.
Elenco
editar- Kevin Bacon como o sarxento Ray Duquette
- Matt Dillon como Sam Lombardo
- Neve Campbell como Suzie Toller
- Theresa Russell como Sandra Van Ryan
- Denise Richards como Kelly Van Ryan
- Daphne Rubin-Vega como a detective Gloria Perez
- Carrie Snodgress como Ruby
- Jeff Perry como Bryce Hunter
- Robert Wagner como Tom Baxter
- Bill Murray como Kenneth Bowden
Recepción
editarA película ten unha cualificación do 64% entre os críticos avaliados por Rotten Tomatoes, con respostas variadas pero en xeral positivas[3]. O filme recibiu unha puntuación de 52/100 en Metacritic, con críticas variadas pero en xeral mornas[4].
Variety eloxiou o elenco de Dillon, Bacon, Campbell, Richards, Russell, Murray e Snodgress: "É un conxunto que parece gozar o reto de realizar papeis pouco frecuentes e de temas pouco usuais. Non hai unha nota discordante". A revista tamén eloxiou o filme como "orixinal", cunha "brillante e irreal calidade que encaixa moi ben co pulso do drama".[5]
Notas
editar- ↑ "Wild Things". The Numbers. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2011. Consultado o 4 de xaneiro de 2012.
- ↑ Mathews, Jack (20 de marzo de 1998). "Wild Things' Runs Rampant With Twists and Surprises". Los Angeles Times. Consultado o 2010-12-25.
- ↑ Wild Things (1998) Rotten Tomatoes.
- ↑ "Wild Things", Metacritic, 8 de outubro de 2012.
- ↑ "Wild Things" Variety.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Wild Things na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)