Wikipedista residente

Un wikipedista en residencia é un colaborador da Wikipedia que traballa cunha organización, coñecido en inglés como Wikipedian in Residence, abreviado a WiR.

A room full of people watching a presentation
WiR traballando con bibliotecarios en Estocolmo.

A súa tarefa é axudar á xente da organización de acollida a comprender o funcionamento da Wikipedia e os seus proxectos irmáns como Wikimedia Commons, Wikidata e Wikisource. Normalmente, o WiR non escribe sobre a organización onde traballa. Pola contra, axuda aos expertos da súa organización a escribir sobre as cousas do seu coñecemento.

see caption
see caption Mapa interactivo de WiR, feito con Wikidata.

Historia

editar

O primeiro WiR, no ano 2010, colaborou co Museo Británico.[1][2]

En 2016, máis de 100 persoas foran WiR.[3] En 2020 había máis de 220.

Tipos de colaboración

editar
 
Este gráfico mostra a todos os implicados nun proxecto WiR típico (o que cada un proporciona e recibe).

Os WiR traballan con diferentes tipos de organizacións. A maioría das veces son galerías de arte, bibliotecas, arquivos e museos (GLAM polas siglas en inglés) ou institucións educativas como universidades ou outras organizacións.

Algúns WiR son pagados pola organización onde traballan, ou poden ser pagados por unha organización relacionada coa Wikimedia , e algúns outros son voluntarios.

Outro tipo de editores son os Wikipedian at Large (WaL), que traballan de maneira máis autónoma e itinerante, recibindo a miúdo financiamento a través de subvencións ou outros apoios para proxectos concretos. Non están vinculados a unha institución en particular, senón que colaboran con diversas organizacións e comunidades para mellorar a calidade e cantidade de contidos dispoñibles na enciclopedia.[4]

  1. Cohen, Noam (2010-06-04). "Venerable British Museum Enlists in the Wikipedia Revolution". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2025-01-14. 
  2. Cohen, Noam (2014-03-19). "Warming Up to the Culture of Wikipedia". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2025-01-14. 
  3. "Wikimedian in residence - Meta". meta.wikimedia.org (en inglés). 2010-06. Consultado o 2025-01-14. 
  4. "Wikipedian at Large – Wikimedia Aotearoa New Zealand" (en inglés). Consultado o 2025-01-14. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar