Wikipedia en normando
edición da Wikipedia en lingua normanda
A Wikipedia en normando (en normando: Viqùipédie normaunde) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua normanda.
Wikipedia en normando | |
---|---|
Logo da Wikipedia en normando. | |
Tipo | enciclopedia en liña |
Comercial | Non |
Rexistro | Opcional |
Linguas | Normando |
Licenza | Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada Licenza de documentación libre de GNU |
Propietario | Wikimedia Foundation |
Lanzamento | 2006 |
Na rede | |
http://n.m.wiki.x.io/ | |
Esta versión da enciclopedia contén 5.030 artigos e 14.169 usuarios, dos cales 13 son activos.[1]
Historia
editarA enciclopedia acepta varias variantes do normando, sendo a máis común a jèrriais falada na Illa de Jersey, e a cotentin, falada no departamento da Mancha. Os nomes da Wikipedia nestes dous dialectos son respectivamente Ouitchipédie e Viqùipédie, formados a partir do uso da lectura e escritura dos escritos publicados en normando.
Creada en 2006, a Wikipedia en normando creceu moi lentamente dende comezos de 2009. A enciclopedia conta cuns poucos colaboradores pero dous deles fixeron máis do 80% do total das achegas.[2]
Notas
editarVéxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Wikipedia en normando |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wikipedia en normando |