Wikipedia en árabe exipcio
edición da Wikipedia en árabe exipcio
A Wikipedia en árabe exipcio (en árabe exipcio: ويكيبيديا مصرى) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en árabe exipcio. Esta versión de Wikipedia actúa principalmente como unha alternativa á Wikipedia en árabe, en favor dos falantes do dialecto árabe de Exipto.[1] Até o ano 2020, era a única versión de Wikipedia escrita nun dialecto local do árabe.[2][3] A segunda versión nun dialecto foi a Wikipedia en árabe marroquí, a cal foi aprobada e creada en xullo de 2020.
Wikipedia en árabe exipcio | |
---|---|
![]() Logo da Wikipedia en árabe exipcio | |
Tipo | enciclopedia en liña |
Comercial | Non |
Rexistro | Opcional |
Linguas | Árabe exipcio |
Licenza | Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada Licenza de documentación libre de GNU |
Propietario | Wikimedia Foundation |
Lanzamento | 24 de novembro de 2008 |
Na rede | |
https://arz.wiki.x.io/ | |
Esta versión da enciclopedia contén 1.626.482 artigos e 255.692 usuarios, dos cales 210 son activos.[4]
Notas
editar- ↑ Samir, Amira (decembro de 2009). "Le masri est-il contre l’arabe ?" [Is Masri contrary to Arabic?] (en francés). Al-Ahram Hebdo. Arquivado dende o orixinal o 4 de xaneiro de 2014. Consultado o 13 de marzo de 2010. () "explique Florence Devouard, ex-présidente de la fondation Wikipedia. Et d’ajouter : " [...] Il est question pour nous de choisir dix langues natales, parce qu’on veut vraiment que les gens participent dans leur langue maternelle "." and "Certains internautes égyptiens ou non-ne voient donc pas de problèmes à avoir une Wikipedia en masri,[...]" and "Mais pour d’autres, c’est une catastrophe et une affaire politique. Pour eux, c’est la guerre "en ligne" contre la langue arabe." and "D’autres sont plus logiques. Ils s’opposent à la rédaction d’une encyclopédie dans une langue maternelle parce qu’elle n’a pas de règles, ce qui veut dire qu’un mot peut avoir plusieurs orthographes. Et puis un même mot peut avoir plusieurs sens différents d’un endroit à l’autre et d’une génération à l’autre."
- ↑ Panović, p. 94.
- ↑ A.V. "The rise and fall of Egyptian Arabic". The Economist. Consultado o 1 de febreiro de 2018.
- ↑ All Wikipedias ordered by number of articles
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Wikipedia en árabe exipcio |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wikipedia en árabe exipcio |
Bibliografía
editar- Panović, Ivan (University of Oxford Faculty of Oriental Studies). "The Beginnings of Wikipedia Masry". al-Logha Series of Papers in Linguistics, 2010. 8: 8, 93–127.