Wikipedia:Votacións para borrar/Modelo:Concello
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Penso que este modelo non ten razón de ser, explícome: no seu modelo eliminouse a caixa de información específica de Galicia mudándoa pola da primeira entidade subestatal para non darlle un trato de favor a Galicia... este caso é igual, temos o modelo "cidade", que podemos ampliar para que haxa máis campos (por exemplo as linguas faladas en cada cidade, no noso caso o número de castelán-falantes). Penso que o lóxico sería estandarizar todas as caixas para evitar tratos de favor, sexa a Galicia, Suíza, os Países Baixos, ou Vanuatu, unha caixa para todas as poboacións e xa está. Piquito (conversa) 4 de setembro de 2015 ás 14:25 (UTC)[responder]
- Borrar
Borrar. --Piquito (conversa) 4 de setembro de 2015 ás 14:25 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
Estás a propoñer que se borre un modelo semiprotexido empregado en 318 artigos de concellos, adaptado para amosar información dos concellos galegos de forma particular, cun código e parámetros totalmente distinto ao de {{cidade}} e para o que non hai alternativa válida actualmente. De existir alternativa, podería buscarse un consenso para usala en vez do modelo actual, pero non ten sentido borrar sen máis o modelo. ☣Banjo tell me 4 de setembro de 2015 ás 17:06 (UTC)[responder]
- Banjo, tampouco é que o haxa que borrar, pode deixar de empregarse e quedar como un recordo do que foi a Galipedia (como pasou se non recordo mal co modelo de Galicia). Que mais dá que sexa un modelo semiprotexido? Si, se emprega en 318 artigos de concellos, pero máis artigos de cidades tiñan títulos duplos e se fixo igual, que problema hai logo? Achega información de concellos galegos de xeito particular... e non se pode dar esa mesma información de outras cidades? Do código non digo nada, pero os parámetros da modelo "cidade" se poden ampliar para achegar aínda máis información. Realmente o único distinto que aporta este modelo respecto do de cidade son as entidades de poboación (creo que pouco relevante, xa ten unha sección no corpo do artigo e realmente non indica nada importante, pero podería adaptarse e nos valería tamén, por exemplo, para os concellos de Portugal -indicaríanse as freguesías-), a capital do concello, os grupos políticos do concello (sinceiramente, creo que se debe eliminar esa sección da caixa, máis aínda porque aparecen tres partidos predeterminados, en calquer caso, eses datos se poden incluir no corpo do artigo, non aportan nada na caixa, que penso debera ter a información máis relevante, e a política non o é, ou non o é tanto), e o uso do galego (podemos incluir no modelo das cidades as linguas faladas, moi práctico para cidades de territorios con varias linguas oficiais como Cataluña, Finlandia, Euskadi, Suráfrica...) Isto é, tan só teriamos que incluir un apartado para as linguas onde poñer, por exemplo, a porcentaxe de falantes de sueco de Turku, e como moito as entidades de poboación. O modelo da cidade aporta cousas que non aporta o do concello, coma o código postal ou a altitude (esto para min si que ten unha relevancia real nun artigo sobre xeografía e non se o partido X ten 1, 2 ou 50 concelleiros). Dito isto, creo que non é un modelo tan imprescindible como Banjo pretende facer ver. Un saúdo! Piquito (conversa) 4 de setembro de 2015 ás 22:06 (UTC)[responder]
- Non pretendo nada, eu non dixen que sexa imprescindible. Estou indicando que estás a propoñer unha votación para o borrado dun modelo para o que non hai substituto. Para iso son este tipo de votacións, para borrar. Se queres adaptar {{cidade}} para que sirva nos concellos galegos faino aquí e fai a proposta correspondente, ben na taberna ou nunha votación propia para iso. Se tras iso se acada un consenso perfecto, faise o cambio e punto. Propoñer unha votación de borrado dun modelo para cambialo por outro que todavía non está adaptado achégase demasiado a ser un xogo. ☣Banjo tell me 4 de setembro de 2015 ás 23:27 (UTC)[responder]
Comentario Haxa paz. Estou de acordo co fondo do que di Piquito, mais certamente o modelo non ten alternativa hoxe, como di Banjo: o Modelo:Cidade é certamente precario e con pouca información. Penso que a solución sería crear un modelo único para provincias, comarcas, concellos, etc. de calquera país, do estilo do Template:Infobox settlement da wiki en inglés, que teña en común todo o posible co Modelo:País e Modelo:Primeira entidade subestatal, mais retirando o que non corresponda. Mais sería necesario crear unha alternativa sólida antes (o modelo cidade non a é). --Norrin (Fálame) 7 de setembro de 2015 ás 06:59 (UTC)[responder]