Wikipedia:Votacións para borrar/Área metropolitana da Coruña
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Proposta de borrado do artigo Área metropolitana da Coruña
Período de votación: 5 de abril de 2008 - 25 de abril de 2008
SI: 5 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aceptada |
Os datos proceden dunha entidade non oficial e polo tanto a información achegada non é correcta. Así que penso convinte borralo. AlberteSi, digame? 15:40, 5 abril 2008 (UTC)
- Borrar AlberteSi, digame? 15:35, 5 abril 2008 (UTC)
- Borrar penso igual que para a área de Vigo ElviraConversa con mi 18:28, 5 abril 2008 (UTC)
- Borrar Creo que o artigo podería ter unha salvación dende o punto de vista da "realidade", modificandoo e definíndoo como unha proposta. Pero témome que nese momento estariamos a basearnos nunha investigación orixinal, e iso tampouco debería ter cabida na galipedia. --Xabier Cid 19:12, 5 abril 2008 (UTC)
- Borrar. --Arco de Rayne 20:22, 5 abril 2008 (UTC)
- Comentario Aducir que por non ser oficial non é correcto non me parece motivo suficiente (non sei se as normas da wiki din algo ó respecto, se é así simplemente non habería votación, se borraría e punto). O que si se pode dicir como argumento é que os datos poden estar desfasados. --Adalbertofrenesi(fala) 20:57, 5 abril 2008 (UTC)
- ComentarioAlguén con máis coñecementos de xeografía ca min seguro que me contradí pero eu penso que a diferenza entre unha área metropolitana e unha aglomeración urbana, entre outras, é que a área metropolitana está perfectamente definida pola administración ou por organismos oficiais (xeralmente o Instituto de Estatística Nacional). Así en Suecia as áreas metropolitanas defíneas a Oficina Estatítica de Suecia. En México é o Instituto Nacional de Estadística, Geografía e Informática (INEGI), Nos Estados Unidos a área metropolitana vén definida pola Office of Management and Budget e levada á práctica polo U.S. Census, e así un longo etc.--Arco de Rayne 21:27, 5 abril 2008 (UTC)