Wikipedia:Sobre Galicia/Propostas/Prestige
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
- Proposto por: Estevo(aei)pa o que queiras... 20:10, 14 de outubro de 2012 (UTC)
Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo moi completo sobre o petroleiro e o seu afundimento. --Estevo(aei)pa o que queiras... 20:10, 14 de outubro de 2012 (UTC)
- A favor
Concordo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 20:10, 14 de outubro de 2012 (UTC)
Concordo. --Xas (conversa) 20:51, 14 de outubro de 2012 (UTC)
Concordo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:03, 18 de outubro de 2012 (UTC)
Concordo para novembro. Deixei un comentario na conversa, mirade se vos convence a idea para evitar pesadez no futuro. Piquito (conversa) 08:17, 19 de outubro de 2012 (UTC)
Concordo, e parabéns aos que nel traballaron. --. HombreDHojalata.conversa 08:56, 21 de outubro de 2012 (UTC)
Concordo. --Breogan2008 (conversa) 12:37, 21 de outubro de 2012 (UTC)
Concordo. --Chairego_apc (si?) 10:33, 22 de outubro de 2012 (UTC)
Concordo. --Xosé Antonio (fálame sempre) 23:21, 27 de outubro de 2012 (UTC)
Concordo. --Atobar (conversa comigo) 10:59, 28 de outubro de 2012 (UTC)
- En contra
- Neutros
- Agardar
#
Agardar, véxase comentario. Piquito (conversa) 07:43, 15 de outubro de 2012 (UTC)
#
Agardar. concordo con Piquito. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 09:15, 16 de outubro de 2012 (UTC)
#
Agardar, --Xosé Antonio (fálame sempre) 15:03, 18 de outubro de 2012 (UTC)
- Comentarios
Comentario: Sería ideal que fose artigo destacado sobre Galicia durante o mes de novembro, 10º aniversario do afundimento. --Estevo(aei)pa o que queiras... 20:10, 14 de outubro de 2012 (UTC)
Comentario Que saibades que aínda me queda moito material que consultar. Supoño que necesitarei como unha semanita máis para dalo por rematado. Ademais, pasado mañá comeza o xuízo (aínda que parece ser que será de trámite ata novembro, cando comece de verdade) e publicaranse máis cousas; e que é de supoñer que o vindeiro 13 ou 19 de novembro a prensa nos inundará con monográficos celebrando o aniversario. É dicir: máis información. O que non atopo son fotografías, e iso que estou seguro de que as fixen. ¿Non terá alguén fotos propias daqueles días que poida/queira subir a Commons? Pedro --Lameiro (conversa) 20:55, 14 de outubro de 2012 (UTC)
Comentario. Concordo con Estevoaei, mais penso que lle deberiamos dar un pouco máis de tempo a Lameiro para que poda engadir o que teña. Noutra orde de cousas, resulta moi extraño ter un artigo sobre un naufraxio no que non aparece o barco, non creo que sexa doado, mais penso que se podería tentar buscar algunha ou pedir permiso para incorporar algunha... non sei, pero é cértamente extraño que o barco non se vexa por ningures. Saúdos, Piquito (conversa) 07:43, 15 de outubro de 2012 (UTC)
- Outra observación, esta de estética: non sería máis lóxico que na cronoloxía apareceran primeiro os acontecementos de 2003 e ao final os de 2012? Se vamos lendo de arriba para abaixo penso que é máis cómodo. Piquito (conversa) 07:50, 15 de outubro de 2012 (UTC)
- Unha última cousiña: non estaría ben incluir unha caixa de información como a do RMS Titanic? Vexo que non aparece noutros naufraxios, mais estaría ben que os artigos de barcos a tiveran. Saúdos, Piquito (conversa) 07:56, 15 de outubro de 2012 (UTC)
Comentario Atopei unha imaxe sobre algúns dos "responsables" políticos, quiteina de Praza Pública, é un collage pero se queredes poden recortarse para facer fotos individuais, está na categoría de Commons. Sobre a imaxe do petroleiro penso que iso vai ser moi moi complicado. Hai que pensar que o barco afundeu en alta mar e alí só tiveron acceso xente profesional que será complicado que liberen os seus dereitos, de tódolos xeitos vou comezar a tratar de conseguir permisos dalgunha foto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:00, 16 de outubro de 2012 (UTC)
- Boas, hoxe fixen unhas fotos da manifestación de Nunca Máis na entrada do xuízo do Prestige, están aquí. Hai varios persoeiros, algúns que non coñezo polo que se agradece unha man con isto, e bastante xente, collede a que quede mellor. Tamén teño uns vídeos pero teño que revisalos e convertelos ó formago ogg, xa vos aviso cando os teña. Mandei dous correos pedindo a foto do barco pero aínda nada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:13, 17 de outubro de 2012 (UTC)
- O único que recoñezo entre os que non tes nomeados é Alberto Garzón, de EU. xunto a Llamazares e Yolanda Díaz (é o tipo novo da esquerda, con barbita), na foto File:P1180574 Gaspar LLamazares, Yolanda Díaz, Manifestación xuízo Prestige.JPG. Grazas, corresponsal da Galipedia no xuízo. Pedro—o anterior comentario sen asinar foi feito por Lameiro (conversa • contribucións) 16:31, 17 de outubro de 2012
- Grazas a ti!. Atopei tamén a César Santiso e penso que o desta foto tamén é coñecido pero non o dou identificado, a ver se alguén o coñece. Metín na mesma categoría unha imaxe da sala de prensa do xuízo que pillei en Praza Pública. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:01, 18 de outubro de 2012 (UTC)
- É Bieito Lobeira, parlamentario do BNG e voceiro desta formación no Parlamento en materias de pesca e lingua. Foi tamén un dos voceiros de Nunca Máis. --Paradanta (Cóntame) 08:12, 18 de outubro de 2012 (UTC)
- Motas grazas Paradanta! Xa sabía eu que tiña que ser alguén coñecido, vino onte outra vez na TVG na manifa dos estudantes :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:34, 18 de outubro de 2012 (UTC)
Comentario Bueno, creo que xa está ben de Prestige. Teño moita máis información, e mais a que se publicará no futuro, pero o moito cansa e non sei se non me estarei pasando. Unha das virtudes dun artigo da Galipedia é que sexa facil de ler (e cómodo), e quizais este artigo estea resultando ilexible, por tamaño. Así que o dou por rematado para meter unicamente algún detalle ou aclarar algunha cousa. Na conversa vou poñer algunhas áreas que conviría desenvolver, en artigo propio (nalgúns casos xa se encarga Xas) ou, ó peor, dentro do artigo. Queda o tema das fotos, no que hai que esperar resultados das redes que temos lanzadas no mar. Pedro --Lameiro (conversa) 22:28, 18 de outubro de 2012 (UTC)
Comentario Agora mesmo xa hai 25 imaxes e 3 subcategorías sobre o tema en Commons, onte había unhas 12 fotos e as mesmas subcategorías así que a cousa está medrando. En total hai agora 94 fotos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:15, 19 de outubro de 2012 (UTC)